Categorías: Actualidade

“Acoso inmobiliario” da Xunta contra unha muller de avanzada idade

A deputada socialista Noela Blanco presentou unha batería de iniciativas parlamentarias fronte ao presunto caso de acoso inmobiliario que vén de ser denunciado pola Fiscalía de Ourense contra dous cargos da Xunta. A Fiscalía diríxese contra a secretaria xeral técnica e o subdirector de Patrimonio de Facenda por “extralimitarse” para lograr o desaloxo da inquilina dun inmoble do goberno galego.

Blanco reclámalle ao goberno galego que dea conta das responsabilidades que pensa asumir “ante a solicitude da Fiscalía de Ourense de que se cite como imputados” a estes cargos “por un presunto delito de acoso inmobiliario”. A parlamentaria socialista alerta da gravidade desta denuncia “por presuntas medidas de presión non lexítimas coas que a Xunta intentou desaloxar á inquilina”, unha muller de avanzada idade que vive no edificio dende 1963.

A muller residía nunha vivenda alugada á Cámara de Comercio de Ourense en 1963, nun edificio que foi adquirido polo goberno galego en 2012, momento en que “a administración tratou de recuperar o inmoble”. Segundo explica a querela da Fiscalía, o acoso incluíu “a supresión do mantemento das zonas comúns do edificio, deixando de realizar limpezas e reparacións, non substituíndose a iluminación e non realizando o mantemento de servizos como o ascensor”.

A situación chegou a que a vivenda quedou sen ascensor dende xaneiro de 2018, e finalmente, en xullo deste ano, a muller sufría unha caída e rompía a cadeira, víndose efectivamente obrigada a abandonar o edificio.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06