Categorías: Actualidade

Absoluta pasividade do goberno galego para rexenerar zonas protexidas queimadas en outubro

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, alertou hoxe da “absoluta pasividade” do goberno galego para rexenerar as zonas protexidas que arderon nos incendios de outubro. Así o dixo no debate dunha moción para reclamar un Plan urxente de Rexeneración Ambiental das zonas afectadas que foi rexeitada polo PP.

Criticou que teñan “desaparecido” 6 meses despois dos incendios logo de ter botado palla e sementado nas zonas queimadas inmediatamente despois dos incendios e en contra das advertencias de tódolos colectivos ecoloxistas. Lamentou a falla de axudas “inmediatas e eficaces” para as zonas afectadas, e censurou a súa “pouca vergoña” para “dicir que os acuíferos non están afectados cando Cabreiroá ten que regalarlle auga mineral aos veciños de Carballeda”.

Acusou á conselleira de Medio Ambiente de ter “esquecido” as zonas afectadas, demostrando, sinalou, que “seica A Coruña é máis fácil de pasear que os Ancares ou a Serra do Xurés”, en alusión á súa candidatura ás próximas eleccións municipais.

Advertiu da “catástrofe” provocada pola combinación de incendios e pasividade do goberno autonómico nas zonas protexidas. Sinalou “turbeiras ardidas por non ter feito labores de protección, augas torrenciais precipitadas aos ríos e mananciais, inexistencia de traballos para evitar a erosión, ningunha protección para infraestruturas, ausencia de plans especiais de restauración hidrolóxica e falla de auga potable para os veciños”.

Lembrou que, de acordo coa propia conselleira, o 23,4 por cento da superficie queimada fora Rede Natura, un total de 11.400 hectáreas, entre o que se contaba o 7 por cento da reserva dos Ancares, e 6.630 hectáreas no parque natural da Baixa Limia – Serra do Xurés e Ancares – Courel.

Moción

Os socialistas propuxeran hoxe unha moción cun Plan Urxente de Rexeneración Ambiental das zonas protexidas afectadas, dotado dunha memoria económica suficiente, dirixida a restaurar as dotacións de servizos básicos afectadas polos lumes, que foi rexeitada polo PP.

Solicitaran ademais un informe bimensual sobre as posibles desaparicións de solos polos arrastres para comunicárllelo aos concellos afectados e a activación inmediata dun dispositivo de vixilancia e avaliación polo arrastre de terras, cinzas e materia orgánica queimada ás rías de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08