Categorías: Actualidade

A Xunta segue sen elaborar un protocolo para tratar os residuos covid

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que estableza as directrices a seguir no almacenamento e tratamento de residuos derivados da covid – 19. Castro alerta de que a Xunta segue sen fixar un protocolo e urxe a regularizar a xestión destes residuos, evitando vertidos descontrolados coma o rexistrado en Manresa esta mesma semana.

A responsable socialista lembra que o goberno de España ditou en marzo unha orde que establece instrucións sobre a xestión dos residuos covid, pero as competencias residen nas comunidades autónomas. Polo tanto, explica, os entes autonómicos manteñen a potestade de “adoptar as medidas que estimen necesarias”-

Sen embargo, ata o momento en Galicia “non se elaborou ningún protocolo ou regulación específica que estableza directrices sobre a xestión destes residuos, o sistema de almacenamento ou o seu tratamento. A Xunta, sinala, “limítase a remitir á instrución estatal ou ben aplica a normativa galega en materia de residuos sanitarios correspondente ao ano 2015”.

Paloma Castro apunta que Sogama ten recibido, na segunda ola da pandemia máis de 69.800 quilos de residuos sanitarios de baixo risco, entre os que se contan buzos, luvas, máscaras que se desbotan ou asimilables. En total son preto de 70 toneladas enviados a Sogama dende centros adscritos ao Sergas entre o 23 de novembro e o 18 de decembro, un 7,38 pro cento máis que na primeira ola.

Castro reclámalle á Xunta polo tanto que estableza unha regulación específica con directrices tanto para a xestión de residuos sanitarios derivados da covid – 19 como para o control do seu tratamento, depósito e desprazametno para que se leve a cabo “en óptimas condicións e coas máximas garantías”. Reclama ademais que dea conta da aplicación da orde ministerial que regula a xestión destes residuos durante a pandemia e leve a cabo un balance sobre a súa xestión.

O Grupo socialista quere evitar así que se repitan en Galicia situacións como a rexistrada esta mesma semana en Manresa, onde a Fiscalía presentou unha denuncia polo vertido descontrolado de 78 toneladas de residuos clínicos procedentes da xestión da covid – 19.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20