Categorías: Actualidade

A Xunta non fixo os deberes de limpar a canle do río que anegou Viveiro

A deputada socialista Patricia Otero acusou hoxe ao goberno galego de “non facer os deberes” de manter limpa a canle do río Xunqueira logo de autorizar talas de árbores río arriba. Otero presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que denunciou que a “incompetencia” do goberno galego provocou o atranco das pontes e a inundación que se cobrou a vida dunha veciña de 83 anos.

A responsable socialista lembrou as reiteradas reclamacións da Asociación de Veciños Valdeflores, que “cada ano lle comunicaba á Consellería de Infraestruturas e a Augas de Galicia da urxencia de limpar a canle do río logo de ter autorizado talas de árbores”. Acusou á conselleira de “non responder se quedou limpa a canle nin comprobar como quedaron os ríos logo da tala autorizada por vostedes”.

Criticou que teñan feito “ouvidos xordos” diante das alarmas dos veciños, que desta volta tiveron consecuencias tráxicas, máis alá das perdas económicas e mesmo da dimisión dunha concelleira do PP “supoño que por coherencia política e por vergoña”.

Otero lamentou a “frivolidade” amosada pola conselleira, que nunha primeira visita á zona dixera que a única causa dos asolagamentos fora un fenómeno meteorolóxico inusual e que non se volvería repetir “en 500 anos”. Advertiu que, tal e como ten recoñecido Augas de Galicia, a catástrofe xestouse río arriba, logo de que o goberno concedera permisos de tala pero sen preocuparse de como quedara a canle do río.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08