Categorías: Actualidade

A Xunta leva dous anos co censo de solo empresarial paralizado

A portavoz de Facenda e Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe que o goberno galego leva 2 anos “sen facer nada” para poñer en marcha o censo de solo empresarial de Galicia. Rodríguez Rumbo presentou unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que cumpra cos compromisos asumidos no protocolo asinado en 2017 coa Fegamp para crear a iniciativa Concellos Doing Bussiness Galicia, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de reducir o seu cumprimento a “publicidade e propaganda para a Xunta e obrigas para os concellos galegos”, e esixiulle que “asuman competencias, planifiquen e colaboren” coas entidades locais, que resultan “perfectos aliados en termos de igualdade, pero non os mandados da Xunta de Galicia.

Rodríguez Rumbo lembrou que logo de dous anos, a única xestión do goberno galego foi “autorizar o inicio do anteproxecto de decreto polo que se regulará o censo de solo empresarial”, no Consello da Xunta do pasado 23 de maio, o que para Rodríguez Rumbo “significa que en dous anos non fixeron absolutamente nada”.

Os socialistas galegos esixíronlle ao goberno galego que presente nun prazo de un mes a avaliación das necesidades e as propostas de actuación nos parques empresariais de Galicia elaborados polo Observatorio do Solo Empresarial de Galicia. Tamén reclamou a publicación dos informes emitidos por aquel órgano, así como as entidades, asociacións, empresas ou persoas que o integran.

Imposto de Patrimonio

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe que a redución do imposto de Patrimonio para as 7.132 rendas máis altas de Galicia, provocou unha redución de 12 millóns de euros nas arcas públicas. Na comparecencia da directora xeral da Axencia Tributaria de Galicia –Atriga-, denunciou “unha política fiscal regresiva que beneficia aos que máis teñen”.

Rodríguez Rumbo sinalou que a exención fiscal beneficiou a apenas o 0,25 por cento da poboación, con bases impoñibles de 5 millóns de euros –o 90 por cento en valores inmobiliarios-, aos que lles reduciron unha cota líquida de 10.000 euros. Criticou que o goberno galego “anuncie como un aforro para a cidadanía o que en realidade é un aforro no gasto público que se traslada en precariedade nos servizos públicos e repercute na calidade de vida da poboación”.

A parlamentaria socialista sinalou que de acordo co último informe de Cáritas, correspondente ao ano 2019, hai en Galicia 473.000 persoas en risco de exclusión severa ou moderada, mentres hai máis de 55.000 fogares con tódolos seus membros en paro e 26.000 nos que non entra ningún tipo de ingreso.

Criticou que a Xunta defenda a redución fiscal logo de 10 anos de recortes nos servizos públicos, con insuficiencia nas prazas de escolas infantís ou centros residenciais, precarización de servizos sanitarios e a redución na atención sociosanitaria. Explicou que a doutrina neoliberal que defende o PP busca unha rebaixa de impostos e a precarización dos servizos públicos, que pasan a ser de beneficencia, mentres “a calidade queda limitada aos servizos privados para quen poida pagalos”.

Rodríguez Rumbo defendeu un enfoque socialdemócrata centrado nunha fiscalidade progresiva coa redistribución de riqueza como eixo, para que “entre todos poidamos contribuír ao sostendo do gasto público e garantir servizos públicos universais e de calidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18