Categorías: Actualidade

A Xunta leva 12 anos enredando coa concentración parcelaria de Forcarei

A deputada socialista Patricia Vilán reclamoulle hoxe ao goberno galego que remate a concentración parcelaria Meavía – Quintillán, no concello pontevedrés de Forcarei, coa que leva “enredando” dende hai preto de 12 anos. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei presentada hoxe na Comisión de Agricultura, e que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista reclamou unha modificación orzamentaria para inxectar 600.000 euros dos Orzamentos de 2019 para rematar cos traballos pendentes na rede de camiños, executar as obras de acceso ás parcelas e axilizar a tramitación administrativa dos títulos de propiedade para a súa entrega inmediata.

Lembrou que o proceso de concentración parcelaria, que comezaba no ano 2007, foi paralizado polo goberno de Feijóo, que malia que no ano 2016 facía efectivos os actos de toma de posesión das fincas, no ano 2018 aínda estaban “axeitando á legalidade” os títulos de propiedade, e en 2019 anuncia unha partida de máis de 300.000 euros para o remate dos traballos pendentes.

Vilán explicou que estes “traballos pendentes” consisten en “camiños sen executar, afectados sen accesos axeitados ás fincas, moitas delas que non están en condicións de ser traballadas, moitos accesos que precisan movemento de terras e ata un 40 por cento dos camiños sen executar ou mal executados”.

O proceso de concentración afectou a 2.169 hectáreas e 13.283 fincas de 704 propietarios para un concello de 3.541 habitantes, que pasaron, logo da concentración, a reducirse a 1.807 fincas, co que cada propietario ten un promedio de 19 fincas e cunha superficie total de 1.590 metros cadrados. Sen embargo, o fracaso do proceso de concentración provocou que varios dos beneficiarios “optaran por abandonar a actividade agrogandeira”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18