Categorías: Actualidade

A Xunta incumpre co mandato parlamentario para desbloquear a homologación do Camiño dos Faros

O parlamentario socialista Martín Seco vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que cumpra co mandato parlamentario acordado en decembro para desbloquear a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido –GR-. Lamenta que dende que foi aprobada a iniciativa nin tan sequera teñen chamado aos alcaldes dos 9 concellos da Costa da Morte afectados.

Aquel acordo pedíalle á Xunta que tomara a iniciativa para convocar unha mesa de traballo multilateral coa participación da Deputación, os concellos, a Asociación de Turismo Costa da Morte –ATCM-, a Asociación Camiño dos Faros e a Federación Galega de Montañismo para desbloquear o proceso. Sen embargo, lamenta, a día de hoxe “non consta que o goberno galego teña feito ningunha chamada aos alcaldes para cumprir co mandato parlamentario”.

Seco lembra que o obxectivo da iniciativa era “conseguir a homologación e planificar o futuro dunha actividade que mobiliza ata 20.000 visitas anuais á Costa da Morte e Bergantiños”. Urxiu ao goberno galego a traballar para “salvar os escollos, principalmente medioambientais, coa titularidade das leiras ou a porcentaxe de asfalto que presenta a proposta, coas modificacións propostas pola propia Asociación Camiño dos Faros, promotora do proxecto”.

Sinala que, en datas recentes, a propia Asociación Camiño dos Faros vén de manter unha xuntanza coa Federación Europea de Sendeirismo, xa que “o Camiño dos Faros pode ter o selo Leading Quality Trail, o único de España, tal e como sinala o proxecto realizado pola Asociación.  Sen embargo “aquí seque sen desbloquearse por parte da Xunta de Galicia, que non cumpre co acordo do mes de decembro de 2020”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13