Categorías: Actualidade

A Xunta incrementa a débeda de Galicia en 6.483 euros dende 2009

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de ter disparado a débeda de Galicia en 6.483 millóns de euros dende 2009, un 133 por cento en só dez anos. Na comparecencia do director xeral de Política Financeira en Comisión parlamentaria, a responsable socialista criticou que excesivo esforzo da Xunta para o pago da débeda impide destinar fondos á mellora dos servizos públicos.

Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego teña incrementado en 1.274 millóns de euros a contía anual que dedica a amortizar a débeda e o pago de xuros, dende os 394 millóns de 2009 aos 1.678 millóns que pagará en 2019. Ademais, censurou que este incremento da débeda non se teña traducido na mellora da sanidade pública, como tiñan reclamado os socialistas galegos.

A responsable socialista sinalou que “ten coña” que logo dunha campaña orquestrada polo presidente da Xunta para reclamarlle ao goberno do Estado que liberara o uso do superávit para investimentos na sanidade pública, fora o PP o único partido que votara en contra desta medida cando chegou ao Congreso dos Deputados.

Lembrou que a Lei 2/2011 de 16 de xuño de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, impulsada por Feijóo e aprobada polo PP no Parlamento de Galicia, limita o uso do superávit a reducir déficit e endebedamento. Aquela norma adiantouse á “doutrina Montoro – Rajoy”, fixada na Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012 primeiro e despois nas sucesivas leis de orzamentos para “embridar” ás comunidades autónomas e que tamén impedían destinar o superávit á sanidade.

Rebaixa fiscal

A responsable socialista alertou hoxe fronte á redución drástica de ingresos para os servizos públicos de Galicia que pode provocar a proposta de rebaixa fiscal do PP. Explicou que Galicia recibe 2.067 millóns de euros polo IRPF, 218 polo imposto de Sucesións, 80 por Patrimonio e outros 78 millóns procedentes do imposto de actos xurídicos documentados.

Rodríguez Rumbo esixiulle ao goberno galego que explique “que vai facer, como pensa administrar unha falla importantísima de recursos que pode provocar Pablo Casado” no caso de obter apoio suficiente nas próximas eleccións xerais. Advertiu que “nada é gratuíto, nin a sanidade, nin a educación nin as escolas infantís”, e esixiu un “posicionamento claro” do goberno galego no caso de que goberne o “tripartito de dereitas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24