Categorías: Actualidade

A Xunta debe rematar cos “privilexios horarios” e coa “laxitude” nas restricións para locais de xogo e apostas no posible relaxamento anunciado por Feijóo

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle hoxe á Xunta que remate cos “privilexios horarios” e a “maior laxitude” nas restricións que lles aplica aos locais de xogo e apostas”. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria na que sinalou que a “suavidade” do Goberno galego ten con estes locais expón á poboación máis nova a condutas aditivas e provoca competencia desleal co resto da hostalería.

Paloma Castro sinalou que “agardamos que teñan en conta o perigo que supón manter unhas medidas máis laxas para este tipo de locais, sinaladamente neste posible relaxamento das restricións que anuncio Feijóo para a próxima semana”. Acusou ao goberno galego de “botar balóns fora” sinalando ao Goberno de España cando a Comunidade Autónoma é a encargada de aplicar as directrices con “precisión e concreción”.

Castro lembrou que, se ben na primeira e segunda ondas a Xunta fixo dos locais de xogo e apostas “os after da pandemia” ao ser os únicos que podían permanecer abertos, na terceira onda “foron máis sutís” evitando recoñecer os seus privilexios horarios. Estes privilexios seguían presentes no DOG, malia o que nin o conselleiro de Sanidade nin o presidente da Xunta comunicaron publicamente esta excepción.

Así, explicou, cando a hostalería permanecía pechada dende as 18,00 na noite de Fin de Ano, os locais de xogo puideron permanecer abertos ata as 23,00 horas en 39 municipios. E todo isto, sinalou, logo de que o propio vicepresidente primeiro da Xunta, nun encontro coa Asociación Galega de Empresas Operadoras, integrada por compañías tragaperras e salóns recreativos, felicitara publicamente ao sector do xogo por cumprir coas medidas.

A responsable socialista instou ao goberno galego a “rematar coa súa conivencia e ambigüidade” co sector e “presenten unha Lei de Xogo de Galicia que ofreza tódalas garantías cara á cidadanía, e que sexa de carácter restritivos polos riscos que entraña esta actividade”. Ademais, reclamou que a acompañen con “políticas de prevención e sensibilización”, diante da “gran preocupación que provoca o aumento das condutas aditivas e as idades de inicio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18