Categorías: Actualidade

A Xunta debe de incrementar o Fondo de Cooperación Local: “Os concellos non contan con recursos económicos suficientes para facer fronte ás necesidades da veciñanza”

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, instou á Xunta a incrementar o Fondo de Cooperación Local xa que “os concellos non contan con recursos económicos suficientes para facer fronte ás necesidades da veciñanza”. Rodríguez Rumbo presentou unha Proposición Non de Lei no Pleno do Parlamento para regular a participación da Xunta no financiamento dos concellos.

Rodríguez Rumbo sinalou que “Feijóo é un experto en dicir unha cousa para logo facer outra, como pedirlle responsabilidades a outras administracións, mentres se esquece de cumprir coas propias”. Así, asegurou que a Xunta “aprobou normas que incrementaron as competencias dos concellos, sen achegarlle os recursos necesarios para desenvolvelas”.

A socialista lamentou que, malia comprometerse á modernización da administración local, “o goberno do PP non dotou dun só recurso adicional para afondar na prestación de servizos de calidade da que falaba no seu programa electoral”. Ademais, incidiu en que, entre os exercicios de 2017 e 2019, a Xunta deixou sen executar máis de 152 millóns de euros respecto dos créditos consignados, “contías que poderían ter incrementado o FCL”.

Sistema “caciquil” de subvencións

Rodríguez Rumbo amosou o seu rexeitamento ao sistema “caciquil” de subvencións da Xunta, “que non respecta a autonomía local, que non esta baseado nun plan de reequilibrio territorial para Galicia e que non procura a cobertura de servizos básicos para toda a cidadanía galega, independentemente de onde viva”.

Neste senso, acusou á Xunta de dispor dun “sistema de subvencións que favorece aos gobernos locais da súa mesma cor política”, xa que “se debullamos os convenios asinados polo goberno galego durante a décima lexislatura, podemos concluír que o 80% dos beneficiados tiñan un goberno do PP”.

Rodríguez Rumbo sinalou que ademais de non incrementar “nin un só euro a contía do Fondo de Cooperación Local”, durante a crise sanitaria da covid, “o goberno galego volveu a cargar coa responsabilidade de asumir unha parte importante dos gastos necesarios para evitar a propagación da pandemia aos concellos”, que actuaron “sen mirar de quen era a competencia” e “poñendo o foco nos máis vulnerables”.

A socialista incidiu na importancia de incrementar o FCL, recordando que o Consello de Contas, no seu informe de fiscalización da conta xeral das entidades locais de 2018, “pon de manifesto o pequeno tamaño orzamentario dos concellos galegos comparados cos do resto de España”, xa que dispoñen de “cifras de ingresos e gastos por habitante por debaixo da media nacional en todos os tramos de poboación”.

Por último, Rodríguez Rumbo lembrou que a Constitución Española e a Carta Europea de Autonomía Local establecen e consagran os principios de autonomía e suficiente financeira das entidades locais, pero “a realidade é que os concellos galegos para poder desenvolver esta autonomía e satisfacer as necesidades da súa veciñanza non contan cos recursos económicos necesarios para facerlles fronte”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28