Categorías: Actualidade

A Xunta debe asumir os pagos pendentes dos vixiantes de seguridade dos hospitais de Verín e Valdeorras

A deputada socialista Noela Blanco, reclamoulle hoxe ao Sergas que asuma o pago dos salarios dos traballadores de seguridade dos hospitais de Verín e Valdeorras, que levan dous meses sen cobrar por impago da empresa concesionaria do servizo. Blanco presentou unha pregunta oral en Comisión na que esixiu unha solución “urxente” para a situación destes dez traballadores,

Sinalou que os 5 traballadores de seguridade do Hospital de Verín, e outros tantos no de Valdeorras, non recibiron “os salarios correspondentes a outubro, novembro, e a paga extra de decembro” e “parece que tampouco van percibir o salario deste mes”. Blanco alertou deste “drama persoal e familiar” para unhas familias que “non deixan de necesitar comer, pagar a universidade dos seus fillos, ou ter que mercarlles algo aos máis pequenos en pleno nadal”.

Destacou que esta “non é unha situación excepcional”, xa que estes traballadores xa tiñan retrasos cos pagos no mes de xaneiro, pagos que non se realizaron ata agosto. Os traballadores deron a coñecer a súa situación nos primeiros meses á dirección do hospital de Valdeorras, ao xerente da área sanitaria de Ourense, e iniciaron as comunicacións verbais e por escrito coa UXT e a CIG.

A deputada criticou a tardanza na aplicación dos artigos 210 e 211 da Ley de Contratos do Sector Público os cales admiten como causa de resolución do contrato “o impago, durante a execución do contrato, dos salarios por parte do contratista aos traballadores, así como o incumprimento das condicións establecidas nos convenios colectivos en vigor”

Blanco lembrou que esta situación é outra mancha máis na “interminable” listaxe de agravios do goberno de Feijoo contra a sanidade pública na provincia de Ourense. Esta situación “está xerando moita preocupación e incertidumbre” á veciñanza e profesionais sanitarios do hospital de Valdeorras que temen rematar na mesma situación de abandono que os veciños de Verín tras o peche do paridoiro.

Paridoiro de Verín

A deputada sinalou que esta situación, que se suma ao recente peche do paridoiro de Verín, evidencia a “nefasta política sanitaria do goberno de Feijóo”, que “non parece recuar no seu proxecto de centralizar servizos deixando a zonas como Verín sen infraestruturas tan básicas como pode ser este servizo”.

Blanco recriminou os “bandazos” do presidente da Xunta en relación á xestión do paridoiro de Verín, argumentando primeiro que o peche respostaba a que “non había suficientes partos” para mudar ao pouco tempo achacando o peche á falta de pediatras, rematando cunha serie de declaracións que “basicamente viñan a dicirlle as mulleres de Verín que se queredes parir alí, alá vós”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28