Categorías: Actualidade

A Xunta concedeulle a xestión de Cabeza de Manzaneda a unha empresa relacionada con empresas panameñas implicadas en casos de corrupción internacionais

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, deu a voz de alarma hoxe no Parlamento ao revelar que a Xunta ten concedido a xestión da Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda a unha empresa relacionada con sociedades radicadas en Panamá e relacionadas con importantes casos de corrupción internacionais.

Juan Carlos Francisco interveu no debate dunha pregunta oral na Comisión de Economía, na que alertou das implicacións da concesión da xestión de Meisa, o pasado 31 de decembro, a unha empresa creada hai 10 meses, Artabria Turismo S.L., sen experiencia no sector. Ademais, sinala que a concesión foi realizada polo procedemento negociado sen publicidade, ou o que é o mesmo, “sen concurso público, dun xeito escuro e carente da máis mínima transparencia”.

O responsable socialista sinalou que, “fozando no Rexistro Mercantil”, é posible coñecer que a dita empresa pertence a 2 socios a través doutra sociedade intermedia, Cardagal Gestión S.L., que “forma parte dun conglomerado de sociedades radicadas en Panamá”. Naquel país centroamericano, os socios da sociedade adxudicataria “teñen un conxunto de sociedades nas que interveñen como directivos persoas imputadas” en diversos casos.

O rosario de causas inclúen, segundo explicou Francisco, “branqueo de capitais, transferencia ilícita de fondos ou casos de corrupción internacional como o relacionado coa empresa brasileira Odebrecht, corruptora de toda latinoamérica e parte do estranxeiro”.

A dita empresa suscitou en 2016 a investigación co mesmo nome por parte do departamento de Xustiza dos Estados Unidos por subornos a presidentes, ex presidentes e funcionarios de 12 países do continente durante os últimos 20 anos.

Juan Carlos Francisco amosou a súa preocupación sobre o coñecemento desta situación por parte da Xunta, que “entendo que descoñecía, polo que sería bo que cando se adxudiquen este tipo de contratos se faga unha valoración efectiva do obxecto social das empresas adxudicatarias”. Recomendoulle ao goberno galego que “revise as escrituras de constitución destas sociedades e o seu vencello con feitos de corrupción”.

Criticou así a facilidade coa que o goberno galego fixo a concesión da xestión da Estación, logo dunha deriva convulsa nos últimos anos, e advertiu que “ter algún hotel ou casas en Panamá non habilita como experiencia de ningún tipo para xestionar unha estación de esquí e desestacionalizala para outros usos deportivos ou de ocio para que funcione, manteña o emprego e as comarcas poidan ter o dinamismo económico que merecen”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28