Categorías: Actualidade

A previsión económica da Xunta é restritiva, regresiva en termos sociais e non favorece ao emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a previsión de teito de gasto non financeiro que presentou a Xunta no Pleno do Parlamento, que foi aprobado tan só cos votos favorables do PP para fixar o marco dos próximos Orzamentos da Xunta. Leiceaga explicou o voto en contra dos socialistas galegos a esta norma, excesivamente ambiciosa sobre os ingresos alleos pero restritiva nos propios da Xunta.

Explicou así que o goberno galego permítese dispoñer dunha décima adicional de déficit -68 millóns de euros adicionais- ao evitar acollerse ás previsións dos orzamentos de Montoro, aínda en vigor. Reclamoulle ao goberno galego que siga a senda da prudencia das demais comunidades autónomas, sinaladamente cando veñen de suprimir formalmente a posibilidade de axustar as cifras dos Orzamentos a posteriori.

Ademais, criticou que a Xunta se entregue a realizar “unha sorte de economía – gurú” permitíndose incluír nas previsións de crecemento para 2020 os efectos positivos dun Xacobeo que en realidade terá lugar un ano despois. Puxo en cuestión ademais as cifras manexadas pola Xunta ata o punto de que apuntan a Pedro Sánchez como responsable da situación industrial, cando o sector industrial galego perdeu 30.000 postos de traballo dende 2009, con Feijóo no goberno.

O responsable socialista cuestionou finalmente a política de ingresos propios que prevé o goberno galego para fixar o teito de gasto, que resulta “restritiva, regresiva en termos sociais e que non favorece ao emprego”. Advertiu que a previsión macroeconómica da Xunta estima que o emprego en Galicia medrará en 2020 tan só un 0,8 por cento, en torno a 9.000 postos de traballo, o que ratifica a “incapacidade de xerar emprego ao mesmo nivel que a media estatal”.

Finalmente, reclamoulle ao goberno galego “un esforzo maior en política fiscal”, e cuestionou a redución do imposto de Patrimonio, o que prexudica ao equilibro social, aumenta as desigualdades ao beneficiar ás maiores fortunas e “demóstranse incapaces de traducilo en maior crecemento”, co que favorecen o aforro pero non o investimento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08