Categorías: Actualidade

A ineficacia do Sergas provoca que enfermos crónicos non poidan renovar as receitas a tempo

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, levou hoxe á Comisión de Sanidade os problemas reportados polos sanitarios e os pacientes crónicos, incapaces de renovar a tempo as receitas para conseguir a medicación necesaria. Torrado presentou unha pregunta oral na que advertiu de que a xestión da asistencia sanitaria polo goberno galego resulta “insuficiente e ineficaz”.

O responsable socialista alertou da “desatención ao problema” por parte do goberno galego “non sabemos se por falla de interese ou por non ter a ben tomar medidas como fixeron outras comunidades autónomas”. Citou neste sentido o caso de Madrid, onde tomaron a decisión “interesante” de renovar automaticamente as receitas, e propuxo renovar os períodos de dous en dous, reducindo así as demandas de citas médicas.

Torrado reivindicou “medidas máis eficientes estruturalmente con máis recursos”, ademais de iniciativas a priori, antes de que se plantexe o problema, mentres o goberno galego está a afrontar a situación “cando o problema chega”, e aumentando así o tempo de finalización da receita, pero a posteriori.

O parlamentario socialista presentou no Parlamento esta situación, que afecta fundamentalmente aos pacientes crónicos que cando teñen que renovar a medicación, ao remate do período de subministro, atópanse con que tardan en atopar cita “incluso telefónica”. Desmentiu que a demora sexa de apenas 1 día, como dixo hoxe o director xeral de Asistencia Sanitaria, que “non é o que nos manifestan os profesionais sanitarios”.

A situación chega ao punto de que os pacientes teñen que conseguir a conivencia dos farmacéuticos, que lles dispensan a medicación antes de que poidan contar coa receita, co que o goberno galego está provocando que “truquen” o sistema mentres “alimentan a ineficiencia”, provocando o risco de abandono temperá de tratamentos por falla de receitas.

Torrado reclamou un reforzo da atención presencial, que segundo o conselleiro antes do Nadal se situaba no 25 por cento e tiña previsto crecer ata o 40 por cento a 1 de xaneiro, o que “sabendo que as dificultades son as que son, é un obxectivo que está mal deseñado ou mal executado, pero en calquera caso non está cumprido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57