Categorías: Actualidade

A carta da Xunta pola prórroga das axudas agroambientais vulnera a Lei de Protección de Datos

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, advertiu hoxe de que a carta enviada pola Consellería de Medio Rural aos beneficiarios de axudas agroambientais para anunciar a prórroga das mesmas ata 2020 “vulnera a normativa de protección de datos”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na que alerta de que a carta solicita datos persoais sen informar do tratamento que van recibir.

Pérez Seco apunta que o envío destas cartas “é o inicio dunha campaña máis de publicidade indirecta da Xunta de Galicia a poucos meses das eleccións autonómicas”. Aquela misiva, lembra, apelaba a unha suposta “información errónea” subministrada por algúns medios de comunicación, e solicitaba o número de móbil e o enderezo electrónico dos beneficiarios “co pretexto de posibilitar unha comunicación máis fluída”.

O responsable socialista lamenta que aquela carta, sen embargo, non explicara nada do acto público celebrado en Lugo en setembro de 2019, no que o propio persoal da Consellería asegurara que non habería axudas agroambientais en 2020. Tampouco explica, sinala, que “estas axudas non figuraban no anteproxecto de Orzamentos da Xunta para 2020”.

Esta situación provocou varias críticas por parte das organizacións agrarias con representación no comité de seguimento do PDR, e “provocaron que a Consellería tivera que rectificar e o obrigaron a recuar” na paralización dunhas axudas que benefician a máis de 4.000 ganderías. Puntualizou que “non imos acusalo de non dar información veraz, vostede verá, o que si lle solicitamos é que coordine ao seu propio persoal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08