
Paloma Castro acusa ao PP e ao goberno galego de “faltarlle ao respecto aos traballadores e traballadoras do mar” ao “presumir de axudas insuficientes” da Xunta pola perda de ingresos
A portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Paloma Castro, denunciou hoxe o “postureo e pouca decencia política” do PP, que ao tempo que presentaba na Comisión de Pesca unha proposta para exonerar as cotas á Seguridade Social ás mariscadoras que non poidan traballar, no Senado rexeitaban unha transacción co PSOE para pedir exactamente o mesmo.
A responsable socialista criticou ademais que o PP mantivera a súa proposta na Cámara autonómica, rexeitando tanto unha emenda como unha proposta propia do Grupo Socialista que pedían apoiar a iniciativa do Goberno precisamente para exonerar destas cotas ás profesionais do marisqueo que teñan os plans de explotación suspendidos pola Consellería do Mar.
Castro emprazou ao PP a “ir ás lonxas a explicarlle ás mariscadoras a súa posición” en contra da proposta do goberno central. Esixiulles que estean “á altura do momento” como ten demostrado o Goberno central e cando chegue o momento apoien a proposta no Congreso e que inclúan tamén Plans específicos para o sector bateeiro e o marisqueo a flote, que están “esquecidos”.
Subliñou que a proposta do goberno é unha medida “útil, sensible e directamente vencellada ao que reclama o sector”, que é manter a alta, conservar dereitos e aliviar as cargas económicas, que son insoportables cando fallan os ingresos. Advertiu que “se votan en contra serán responsables directos do abandono de milleiros de traballadores e traballadoras do mar”.
Faltarlle ao respecto aos traballadores e traballadoras
acusou ao PP de “faltarlle ao respecto aos traballadores e traballadoras do mar” ao “presumir de axudas insuficientes” pola perda de ingresos no sector. A responsable socialista acusou a Xunta e PP de manterse “instalados no anuncio e a xustificación permanente” con axudas pírricas que “non solucionan nada” máis alá de “propaganda con foto e titular”.