
O PP REXEITA NO SENADO O ACORDO ENTRE O GOBERNO E O SECTOR PARA A EXENCIÓN DAS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL ÁS MARISCADORAS*
O senador do PSdeG César Mogo criticou o “non por duplicado” a unha medida que vai beneficiar ás profesionais do sector, xa que os populares non só se opuxeron a ela hoxe na Cámara Alta, senón que evitaron comprometerse a apoiala no Congreso
Madrid, 28 de abril de 2026. O PP rexeitou hoxe no Senado o acordo que lle propuxo o Grupo Socialista para respaldar o pacto entre o Goberno e o sector do marisqueo para a exención de cotas ás mariscadoras. Durante a reunión da Comisión de Pesca celebrada esta mañá, negouse, ademais, a comprometerse a votar a favor dese acordo cando se aprobe o proxecto de lei que o incluirá.
Segundo manifestou o senador do PSdeG César Mogo, autor da proposta socialista ao PP, trátase dun “dobre rexeitamento”, xa que os populares opóñense tanto a prestar o seu apoio na Cámara Alta como na Baixa. “É un non por duplicado ás mariscadoras, que xa saben que non contan co PP de Feijoo”, insistiu.
Mogo recomendoulles aos populares que se puxesen do lado das profesionais do mar e que desistisen nunha moción que reclamaba o que xa estaba comprometido polo Goberno. Lamentou que, co único fin de enlamar o debate, lle desen as costas ao sector.
O parlamentario socialista galego criticou a “enorme chapuza” do PP, que presentou “o mesmo día” unha moción sobre este tema no Parlamento de Galicia “e outra distinta no Senado. “Parecen o exército de Pancho Villa”, afeoulles aos populares, a quen lles recomendou que “en vez de despotricar contra un Goberno que lles deu unha solución ás mariscadoras, fagan algo por elas”, e achegoulles unha invitación: “Menos samba e máis traballar”.