Categorías: Actualidade

10 anos de recortes na sanidade pública

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que recupere “o mellor da política sanitaria de Emilio Pérez Touriño” para “acertar” logo de 10 anos de recortes e deterioro no servizo público. Así  o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, na que cuestionou a xestión da sanidade pública e reclamou a contratación de persoal para garantir a calidade na atención.

O responsable socialista lembrou que foi Feijóo quen suprimiu a autonomía funcional da Atención Primaria en 2012, provocando “a perda de preso no conxunto do sistema”. Sinalou que “a solución non pasa por unha operación cosmética, sexa coherente e restitúa as xerencias de atención primaria, con autonomía en cada unha das áreas sanitarias”.

Responsabilizou a Feijóo do recorte de 1.249 profesionais sanitarios dende 2009, situando a Galicia por baixo da media española e a “distancia sideral” de autonomías cunha situación demográfica equiparable á galega, como Estremadura, Castela e León, Aragón ou Asturias. Reclamou así equipos completos nos PACs en función da demanda para evitar problemas de desatención como o que derivou no falecemento dun paciente na Estrada durante o pasado verán cando o único médico dispoñible tivera que saír do centro para realizar un servizo.

Fernández Leiceaga saudou a “rectificación parcial” do goberno galego, que “por fin asume a diagnose sobre a situación da atención primaria, recoñece problemas estruturais, erros de diagnose e xestión”. Engadiu que “as súas políticas estaban deteriorando o estado de saúde do sistema” e urxiu ao presidente da Xunta que “persevere e profundice na rectificación, que sexa de verdade e non cosmética, ten que cambiar as políticas e polo tanto quen as dirixe”.

Neste sentido, o responsable socialista reclamou o incremento dos recursos en urxencias, un Plan de Choque para Atención Primaria e incrementar os orzamentos para a sanidade pública. Instouno a que asuma totalmente a diagnose dos profesionais, que alertan dos tempos de atención insuficientes, a excesiva precariedade –ata un 30 pro cento- e reclaman unha “oferta estable e consistente de prazas”.

Neste sentido, avogou por “ir máis alá” dos contratos de un ano de duración e conseguir que “sexan ponte para unha fonte estable de calidade e non cronificar á precariedade”, e estendelo ademais a especialidades deficitarias como anestesia ou trauma.

Esixiu ofertas públicas de emprego “coa dimensión suficiente como para enfrontar de verdade a precariedade e situala no 7 por cento, negociando un contrato estable e flexible como Euskadi, con libranza de gardas, menos radio de acción e redución progresiva da discrecionalidade. Esixiulle que “acredite as prazas docentes” para que o Ministerio poida habilitar os MIR destinados a Galicia, logo de “anos paradas” por erros nas solicitudes.

Como Maduro

O portavoz socialista comparou hoxe ao presidente da Xunta co presidente venezolano, Nicolás Maduro, pola censura imposta ás propostas da oposición de comparecentes na Comisión de Investigación dos recortes nas caixas, e que derivou no abandono do órgano polos socialistas.

Así o fixo logo de que Feijóo tildase de “bolivariana” á oposición por organizar xuntanzas coas persoas vetadas polo PP, entre os que se atopaban os familiares do paciente falecido na Estrada ou os representantes dos médicos de Urxencias de Santiago que denunciaron a atención precaria a dous pacientes que faleceron o pasado 2 de xaneiro logo de 3 avisos á dirección do centro.

Fernández Leiceaga reclamoulle sen éxito ao presidente do Parlamento que retirara a expresión de Feijóo, co que replicou sinalando que “podería responderlle que se comportou como Maduro silenciando á oposición na Comisión –de Investigación-”. Explicou que “o seu problema foi que non quixo que viñera quen tiña algo que dicir” e que non era de gusto do presidente da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57