Veto do PP a dotar ao Salnés de ambulancia medicalizada

Veto do PP a dotar ao Salnés de ambulancia medicalizada

Veto do PP a dotar ao Salnés de ambulancia medicalizada

O PP rexeitou hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento unha proposición non de lei do Grupo Socialista, para dotar á comarca do Salnés cunha ambulancia medicalizada. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou que o Sergas “non presta unha atención sanitaria correcta que demandan os profesionais sanitarios”.

“Por que considera o PP que O Salnés non merece unha ambulancia? A ver se ten algo que ver que o PP non goberne en case ningún concello da comarca”, criticou Torrado que sinalou a “hipocresía” do PP que “gasta case o mesmo diñeiro en cambiar carteis do hospital da Coruña que nunha ambulancia especializada”.

Así mesmo, o socialista lembrou que o uso da ambulancia especializada evitaría o “bochorno” de trasladar nas gasolineiras a un paciente dunha ambulancia a outra, unha vez derivados a outros hospitais. Lembrou as declaracións do presidente do Semes Galicia, o Dr. Vázquez Lima, que considera “clave” este recurso para atender os infartos de miocardio agudo.

Torrado solicita tamén realizar nun prazo de dous meses un informe específico ao Sergas sobre a atención ás persoas con infarto agudo de miocardio na extinta área sanitaria de O Salnés, hoxe reducida a distrito sanitario, e o seu traslado a outro centro hospitalario. Sinalou que o propio xefe de Cardioloxía do CHUS, o doutor Juanatey, plantexou a necesidade de que as e os doentes afectados en O Salnés sexan derivados a Santiago e non a Vigo.

Advertiu que o infarto agudo de miocardio é un dos problemas sanitarios máis sensibles á resposta rápida que se poida dar á persoa afectada. Engadiu que as enfermidades do sistema cardiovascular son a primeira causa sanitaria de falecemento en Galicia, e máis de 1 000 persoas morreron en Galicia por infarto agudo de miocardio no ano 2016 (Instituto Nacional de Estatística 2016).

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar