Veto do PP a un Consorcio de transporte metropolitano de A Coruña

Veto do PP a un Consorcio de transporte metropolitano de A Coruña

Veto do PP a un Consorcio de transporte metropolitano de A Coruña

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei dirixida a impulsar un Consorcio de Transporte Metropolitano para A Coruña. No debate na Comisión de Ordenación Territorial, acusou ao goberno galego de planificar o transporte de viaxeiros con “voluntarismo en función do calendario electoral e dos intereses das concesionarias”.

Lamentou a “falla de planificación urbanística” demostrada polo goberno galego no caso do transporte público de A Coruña logo de que a conselleira mesmo apuntara hai apenas semanas “pensar en fórmulas e instrumentos consorciais metropolitanos”. Sinalou que actualmente o transporte público por estrada tan só cubre o 10 por cen das demandas de transporte”.

Defendeu “instrumentos institucionais e políticos para facer viable as prestacións supramunicipais ao servizo dos cidadáns”. Lembrou neste sentido a resposta dada ao tratamento de residuos urbanos “apostando por servizos supramunicipais con Nostián, Emalcsa ou a Edar de Bens” e defendeu partir desa experiencia e do Consorcio das Mariñas “sentarse para planificar e xestionar entre todos”.

Os socialistas galegos defenderon constituír unha autoridade única de transporte metropolitano a través dun Consorcio presidido polo Concello encargado de “planificar, coordinar e xestionar o servizo de transporte de viaxeiros na cidade e no conxunto da área metropolitana.

Ademais, propuxo incorporar as demandas da Mesa de alcaldes da Área e solicitou integrar esta previsión no Plan de transporte público de Galicia, integrando das liñas de transporte dos concellos de Carballo, Cerceda, Laracha e Arteixo. A continuación, dixo, o obxectivo é integrar a Autoridade Única de Transporte Metropolitana na estrutura da futura área metropolitana de A Coruña.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar