Categorías: Actualidade

A Xunta segue sen aprobar un plan para suprimir símbolos franquistas

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de incumprir coa Proposta de Resolución aprobada no último debate do Estado da Autonomía para pedirlle á Xunta un Plan de Eliminación de Símbolos do Franquismo. Burgo presentou unha pregunta na Comisión de Cultura para reivindicar a proposta que pedía un acordo entre Xunta, Fegamp e Igrexa.

A responsable socialista censurou hoxe o “postureo” do goberno galego que, logo de presentarse “en contra dos totalitarismos”, á hora da verdade “non fan absolutamente nada”. Reclamou unha “verdadeira denuncia do franquismo” e unha “esencial” liña política que vaia “realmente en contra dos restos do franquismo”.

Apostillou que “con dicirlle á Igrexa que ten que cumprir progresivamente –coa Lei de Memoria Histórica- non me vale”. Advertiu que a normativa –art. 15.4- ampara que no momento en que a Igrexa se negue a retirar un símbolo franquista o goberno pode retirarlle as subvencións.

Preguntou ironicamente se “van facer un plan de eliminación de símbolos real ou todo vai quedar en que o conselleiro, en cada reunión, vailles dicir aos representantes da Igrexa que se lles parece ben, se poden, se non é molestia non lles importaría retirar este ou aquel símbolo do franquismo”.

Burgo lamentou que o goberno galego se resista mesmo a cumprir cunha proposta de Resolución, -un “mandato parlamentario”, subliñou- que por iniciativa dos socialistas galegos foi consensuada e votada a favor mesmo polo Grupo do PP. En base a ese acordo, dixo, o goberno galego “ten que liderar o proceso e conseguir o consenso” con Fegamp e Igrexa.

Lembra que de acordo co artigo 15 da Lei de Memoria Histórica as administracións públicas teñen a orde de retirar todo símbolo de exaltación do alzamento militar e da ditadura franquista. Considera “básico non manter os símbolos que sigan humillando ás vítimas da represión militar e da Guerra Civil” e subliñou que “xa é hora de que desapareza esta simboloxía e se observe certa vontade da Xunta para cumprir coa Lei”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41