Categorías: Actualidade

A Xunta debe garantir prezos e servizos para as 30 familias atendidas na Asociación Autismo Ourense

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamoulle hoxe ao goberno galego que devolva ás 30 familias ourensás usuarias da Asociación Autismo Ourense os custes e servizos cos que contaban en 2014. Así o dixo nunha pregunta oral que presentou hoxe en Comisión na que advertiu que en 4 anos o custe multiplicouse por catro.

Blanco denunciou un “caso grave de vulneración do dereito de acceso aos servizos públicos e da igualdade de oportunidades” para estas familias que tiveron que pasar de pagar 75 euros mensuais en 2014 a 300 dende o pasado mes de febreiro.

Advertiu que ademais do incremento do custe, veñen de coñecer que deixarán de percibir os servizos de orientación, mantendo os de carácter básico, unha redución que foi adiada ata o próximo mes de setembro como consecuencia da presión social e mediática exercida polos pais e nais daqueles rapaces.

Noela Blanco reclamoulle ao goberno galego “sensibilidade” para axudar a estas familias, “en lugar de asestarlles tremendo pau económico e tamén de tratamento dos seus rapaces”. Denunciou que en lugar de atender ás súas necesidades, o goberno galego “imponlles á delegada da Xunta de Ourense e ao alcalde como cortalumes para que os problemas non cheguen a San Caetano, pero sen moverse para resolver a situacón”.

A deputada socialista censurou que o goberno galego tardara dous meses en recibir aos pais e nais e esixiulle que garanta o mantemento de tódolos servizos para os nenos e nenas usuarios deste servizo en Ourense, recuperando o custe a niveis de 2014, e urxiu a “menos prometer e máis facer”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18