Categorías: Actualidade

A Xunta debe fiscalizar os contratos coa adxudicataria dos helicópteros de salvamento e anti incendios

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou unha batería de iniciativas nas que lle esixe á Xunta que fiscalice á empresa encargada de xestionar os helicópteros de salvamento. Reclámalle ao goberno que revise os contratos da compañía para achar unha posible incompatibilidade para exercer no sector público e rescindir os contratos.

Presentou estas iniciativas logo de que Babcock Mission Critial Services Holdings, S.L. fora condenada pola Audiencia Nacional a pagar máis de 9 millóns de euros por infracción fiscal. A empresa foi condenada por unha infracción de 6 millóns de euros na declaración do imposto de sociedades de 2007 e 2008, e unha sanción de outros 3 millóns.

Sinala que “como queira que a compañía puidese ser adxudicataria de contratos no ámbito do sector público autonómico, cómpre analizar se con motivo da situación fiscal confirmada pola Audiencia Nacional, algún dos contratos poida incorrer en supostos de nulidade”. Ademais recomenda aos órganos de contratación autonómicos que confirmen “se se aprecian ou apreciaron circunstancias de prohibición para contratar.

Salvamento marítimo

Lembra que esta empresa está a prestar hoxe o mesmo servizo de Salvamento Marítimo que antes asumía a Xunta con exactamente as dúas mesmas aeronaves vendidas pola Xunta por obsoletas.

A Xunta comprara en 2005 os dous helicópteros marca Sirkosky por 27 millóns de euros, que foron vendidos en 2012 pola metade argumentando que eran obsoletos, á mesma empresa, Babcock, que agora recibe 8,5 millóns de euros anuais polo servizo coas mesmas aeronaves que lle vendeu o goberno galego.

O Grupo socialista lembra o informe do Consello de Contas, que alertou do incumprimento dos trámites nun proceso de venda excepcional sen seguir os trámites legais, sen que o goberno tomara ningún tipo de decisión.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18