Categorías: Actualidade

A Xunta, cos ollos pechados fronte á nova burbulla inmobiliaria

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, alertou hoxe da falla absoluta de política de vivenda pública por parte do goberno galego. Así o dixo durante o debate dunha pregunta oral na Comisión de Obras Públicas, na que presentou o abandono da política vivenda de promoción pública en concreto na cidade de Pontevedra por parte do goberno galego.

A responsable socialista alertou do desleixo do goberno galego diante da “nova burbulla inmobiliaria que se está comezando a fraguar”, en alusión á drástica suba dos prezos de alugueiro, coincidindo coa redución da oferta. Esixiu ao goberno galego que “abran os ollos o antes posible e cando menos actúen dende a prevención, que nunca está de máis”.

Criticou que a Xunta teña agochado as súas iniciativas para a rehabilitación ou reutilización de vivenda baleira, das que “pouco ou nada se sabe”, mentres o Ministerio de Fomento “apuntaba na dirección contraria, sinalando que a única solución é construír máis”.

Pierres advertiu que a política de acceso á vivenda a Xunta de Galicia acadou “un dos peores resultados de execución” de tódalas partidas orzamentarias previstas para 2017, chegando a apenas un 41,3 por cento. O goberno galego, dixo, “ten moi poucos motivos para estar satisfeito” cando só puido executar 2,2 dos 5,3 millón de euros previstos.

Ademais, dixo, “o novo plan de vivenda estatal tampouco trata con moito mimo ás galegas e os galegos”, xa que deixan a esta Comunidade Autónoma no posto 10 das 17 incluídas, cun investimento de 30,42 euros por habitante, moi por debaixo dos 78,52 da Rioxa.

Sinalou que a política de vivenda do goberno galego “estáncase ano tras ano, especialmente na oferta do parque público de vivendas tanto para alugueiro como en propiedade”. Deste xeito, en 2017 tan só cualificaron 9 vivendas, e co ritmo dos últimos 5 anos “non se ten cuberto máis que o 1 por cento da demanda anual” dos 11.957 demandantes rexistrados en maio de 2018.

Cidade de Pontevedra

Criticou que o goberno galego teña esquecido neste sentido en concreto á cidade de Pontevedra, onde hai hoxe 730 demandantes mentres a promoción de vivenda pública “leva anos paralizada” a pesares da “necesidade latente de pisos a prezos asequibles”. Explicou que os proxectos do IGVS teñen “abandoada á súa sorte” á cidade, onde a última edificación pública, a promoción de Valdecorvos, comezou en 2008 e rematou en 2015.

Aquel edificio, con 132 pisos, respondía a preto do 12 por cento da demanda real que había na cidade no seu momento, e que continúa sendo elevada. Lembrou que a previsión de 419 novas vivendas na cidade son “todas elas promovidas polo capital privado”, mentres os veciños seguen á espera e “seriamente preocupados por non ter escoitado da Xunta intencións de novas construcións en condicións máis favorables”.

Finalmente, sinalou ao Plan Rexurbe de rehabilitación, dotado de 6,5 millóns de euros, incluíndo a repercusión dun 10,51 por cento na provincia de Pontevedra, pero “nada se ten falado de propiedades na provincia e moito menos no casco histórico da capital”. Ata o momento, dixo, si que se teñen ofertado a compra de propiedades en Ourense, Lugo, Ferrol e Betanzos.

Preguntou “se temos que dar por perdidos estes cartos incluso para toda a provincia, e se formarán parte dese caixón desastre da fatal execución dos programas de acceso á vivenda, que deixaron sen executar máis de 3 millóns de euros, preto dun 60 por cento do orzamentado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41