Categorías: Actualidade

A Xunta contrata “a dedo” a produción do Centro Dramático Galego a unha compañía externa

“Nada máis absurdo que unha compañía pública de teatro que produce a través de compañías privadas”. Así resumiu a portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, a decisión do goberno galego de externalizar a última produción do Centro Dramático Galego, no debate dunha pregunta oral na Comisión de Cultura celebrada hoxe.

Sinalou que o goberno galego contratou a través do CDG a produción de Divinas Palabras, o único título que representarán este ano, a unha compañía privada por 76.000 euros. Ademais, criticou que teñan utilizado o procedemento negociado sen publicidade, é dicir “a dedo”, baseado na exclusividade da marca, o mesmo procedemento polo que contrataron tamén a dedo o festival O Son do Camiño.

Sinalou que “estamos de acordo en que hai que aumentar as partidas para as compañías de teatro de Galicia”, pero puntualizou que “o CDG produce directamente” e criticou que sexa utilizado para “a cesión a dedo da produción das compañías privadas”.

Burgo deixou así á marxe da crítica á compañía beneficiaria da produción, e centrouse en cuestionar a xestión por parte do goberno galego dunha institución nacida en 1984 para a normalización do teatro galego e que é considerada agora polo director do Agadic como “un chiringuito”, tal e como reflicten determinados medios de comunicación.

Este é o resultado do “abandono e parálise” ao que o goberno de Feijóo ten sometido ao CDG, que “ven sufrindo un deterioro que semella imparable” dende 2009, perdendo ata o 80 por cento dos seus orzamentos. Así, pasou de xestionar 1,1 millóns de euros en 2009 aos apenas 250.000 euros cos que contará o centro de produción teatral de Galicia para 2018.

Cuestionou a escaseza de produción do CDG, que en 2017 só produciu Martes de Carnaval e, en 2018, tan só levara Divinas Palabras a 16 funcións en 8 localidades, evidenciando un “problema de distribución” cando “calquera compañía privada móvese moito máis”.

Lembrou que durante a xestión do PP esta entidade “pasou máis dun ano sen director, despois tivo unha directora contratada a través dun concurso público e cesada cunha explicación que nunca foi dada, e un director nomeado que dimitiu aos 3 anos”. Agora enfróntase, dixo, a denuncias por “falla de transparencia, presuntas irregularidade, falla de estabilidade e falla de orzamento que indica a súa debilidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08