Categorías: Actualidade

A Xunta debe asumir responsabilidades pola súa “neglixente xestión” en Salvamento Marítimo

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, lamentou hoxe o veto do PP a reclamarlle á Xunta que asuma responsabilidades pola “neglixente xestión” do servizo de Salvamento Marítimo. Así o dixo na Comisión de Pesca, que aprobou parcialmente unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á empresa concesionaria do servizo de salvamento marítimo que renove os helicópteros.

Toja presentou esta iniciativa logo de constatar a “xestión chapuceira e temeraria” da Consellería do Mar con relación a este servizo, “poñendo en risco a seguridade dos traballadores do mar”. Lembrou que os dous helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, que foran adquiridos en 2005 polo goberno do PP por 27 millóns de euros, foron vendidos en 2012 por 13 millóns de euros argumentando que estaban obsoletos.

A realidade é que a empresa concesionaria está a prestar hoxe o mesmo servizo que antes asumía a Xunta con exactamente as dúas mesmas aeronaves vendidas pola Xunta por obsoletas. A diferenza, dixo, é que ademais de telas malvendido pola metade do que custaran na súa orixe, agora o goberno galego está pagando 8,5 millóns de euros anuais polo seu mantemento, cando antes pagaba 7,5.

Explicou que “é como se compramos un coche, o vendemos pola metade do que nos costou porque non se adapta á estrada pola que circulamos e, como necesitamos o servizo, pagamos a unha persoa para que nos leve no mesmo coque que vendéramos ao principio”.

A parlamentaria socialista censurou unha operación “neglixente, económica e técnicamente” e que ademais “cheira a negociete” e “dalle a razón ao Consello de Contas” cando cuestionaba o proceso de venda das aeronaves a través dun trámite excepcional sen seguir os procedementos legais.

Toja aceptou votar a iniciativa debatida hoxe separando os seus distintos puntos do que á súa vez era unha “autoemenda” presentada polos socialistas para actualizar a iniciativa. O PP apoiou pedirlle á empresa renovar as dúas aeronaves e reclamarlle que cumpra coas condicións técnicas necesarias, pero vetaron o terceiro apartado, no que lle reclamaba que “asuma responsabilidades pola neglixente xestión de recursos públicos”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que, con respecto das aeronaves que se están empregando para o servizo de salvamento, descartadas polo propio goberno no ano 2012:

1 Realice de xeito inmediato as xestións necesarias para reclamarlle á empresa concesionaria do servizo de salvamento marítimo a prestación do servizo con aeronaves que non fosen retiradas con anterioridade e se adapten ás costas galegas.

2 Esixa á empresa concesionaria o cumprimento das condicións técnicas necesarias para o desenvolvemento do salvamento marítimo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41