Categorías: Actualidade

A Xunta anuncia tres veces e da por finalizada as obras de dous centros educativos de Cospeito e Guitiriz antes de que comecen

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que a Xunta ten anunciado xa en tres ocasións, mesmo chegando a dar por rematadas, as obras do CPI Virxe do Monte de Cospeito e en Guitiriz cando “estaban sen comezar”. Así nunha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento, na que recomendou “quitarlle un pouco de intensidade publicitaria” ao delegado do goberno galego na provincia.

O portavoz socialista levou á Cámara a información transmitida polos medios de comunicación o pasado 9 de setembro cunha relación de actuacións do goberno galego entre as que figuraban as destes dous centros, por importe de 9 millóns de euros, dous días despois da súa adxudicación e antes de que comezaran.

Álvarez ironizou coa “intensidade” do delegado territorial quen, dixo, “malia que non está o AVE feito na provincia, debeu de atopar un medio de transporte descoñecido que permite que se presente de forma case simultánea en dous puntos opostos da provincia”. Mesmo apuntou á súa presunta habilidade para “torcer a curvatura espazo – temporal de forma singular” na provincia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08