Categorías: Actualidade

A Xunta anuncia o Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar para as eleccións municipais

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, anunciou hoxe unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2018 que inclúa os orzamentos anunciados polo goberno galego de novo para construí o Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre o retraso desta infraestrutura, solicitada polo Concello hai dez anos e comprometida por Feijóo dende maio de 2016.

A responsable socialista advertiu que as promesas do goberno galego non se compadecen cos datos feitos públicos nos orzamentos da Xunta, que este ano evitan especificar a que obra están destinados. Por este motivo, dixo, “incluiremos unha emenda co investimento de 300.000 euros que anuncia o goberno galego para esta infraestrutura e que curiosamente coñecen os deputados do PP pero ningún outro cidadán de Galicia”.

Criticou ademais o “electoralismo” do goberno galego, que agora compromete o remate das obras a 16 meses vista, “coincidindo xusto coas eleccións municipais”. Ironizou co risco de que “un pequeno retraso poida provocar que lles pase como en O Couto e teñan que andar ás presas para inaugurar o centro de saúde sen os permisos dos accesos pertinentes” ante a prohibición de facer estes actos en período electoral.

Explicou que o presidente da Xunta anunciara a licitación do centro xa en maio de 2016, e hai un convenio asinado entre o Sergas e o Concello dende o 1 de xullo daquel ano. O goberno galego dispón xa dun terreo cedido polo Pereiro de Aguiar, pero o proxecto estivo bloqueado a pesares de figurar nas memorias de orzamentos de 2016 e tamén de 2017.

Blanco explica a urxencia do novo inmoble para un Concello en continuo crecemento que conta cun centro de saúde integrado no edificio da Casa Consistorial, o que impide a implantación de novas especialidades médicas necesarias, como pediatría, odontoloxía ou fisioterapia, ademais de amosar “graves eivas de accesibilidade”, nun edificio no que non hai ascensor.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08