Categorías: Actualidade

Xoaquín Fernández Leiceaga denuncia a “manipulación interesada” por parte da Xunta “co único obxectivo de confrontar” agora coas desgravacións do Xacobeo

O senador socialista Xoaquín Fernández Leiceaga vén de denunciar a “manipulación interesada da Xunta co único obxectivo de crear unha confrontación ficticia” de novo a conta do Xacobeo. Así o dixo logo de que Rueda critique agora que as desgravacións fiscais do Ano Santo se limiten precisamente ao Ano Santo, 2021 e 2022, o que antes aceptaba sen problemas.

Xoaquín Fernández Leiceaga reclamoulle ao goberno galego que “eviten danar ao Xacobeo utilizando o que é unha oportunidade e un beneficio de país como ariete contra o goberno central”.

Lembra que o goberno de Rajoy fixara os beneficios fiscais até setembro de 2021, sen que a Xunta protestara, e que foran prorrogados polo goberno de Pedro Sánchez mediante Real Decreto Lei até setembro de 2022 cando se ampliou a dita celebración, de novo co beneplácito do goberno galego.

Considera “lamentable” que o goberno galego utilice esta conmemoración para “crear inimigos ficticios” e agochar a realidade de que “o goberno central cumpriu facendo por primeira vez un programa para o Xacobeo, con accións executivas que van na boa liña”. Puntualizou que “seguir ampliando indefinidamente os beneficios fiscais como plantexa agora a Xunta carece de sentido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08