Categorías: Actualidade

Visita a Vimianzo

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, avogou hoxe por “rescatar do caixón” ás actuacións en materia de infraestruturas e servizos sociais que necesita Vimianzo, logo de ter sido “abandonadas” polo goberno de Feijóo. Así o dixo durante a visita á localidade na que acompañou á candidata socialista á alcaldía, Mónica Rodríguez, na que tamén participou a parlamentaria Loli Toja e integrantes da candidatura socialista.

O responsable socialista anunciou que presentará no Parlamento as demandas que require esta localidade, que pasan por “desempolvar” os proxectos de infraestruturas que Feijóo quere “esquecer” logo de telos comprometido dentro do Plan Move, e que tiñan que estar xa realizados ou en marcha. Sinalou á VAC que completaría a autoestrada Coruña – Carballo ata Fisterra e o Porto de Brens, ou a conexión de Vimianzo con Compostela.

As dúas infraestruturas serán presentadas como emendas aos Orzamentos por canto resultan, dixo, “vitais” para a dinamización dunha comarca que está a padecer un serio problema de despoboamento, caída do emprego sinaladamente para os mozos e mozas e o éxodo de empresas pola falla de condicións.

Reclamou así “solo industrial en condicións, coas comunicacións por estrada que require” un Polígono Empresarial con apenas 10 firmas instaladas logo de 8 anos, e reivindicou a conexión coa autovía entre Santa Irene e Calo.

Fernández Leiceaga respaldou as demandas dos socialistas da localidade en materia de servizos sociais, reivindicando un servizo de Pediatría digno, así como atender ás necesidades urxentes de residencias e centros de Día, nunhas condicións “lamentables” nunha comarca cun “problema serio de falla de cobertura na atención para os seus maiores”.

A candidata socialista á alcaldía, Mónica Rodríguez, Lembrou a falla de prazas para a terceira idade, co Centro da Terceira Idade totalmente cuberto, mentres o Centro de Día está privatizado, a un prezo inasumible e sen alternativa pública.

Rodríguez e Leiceaga visitaron hoxe o Parque Empresarial, o mercado e o CEIP San Vicenzo, onde lembrou a urxencia dunha cuberta para o patio, xa que a instalación actual resulta demasiado pequena está desprotexida e carece de pasarela de acceso, o que a fai inútil para os pequenos nos días de mal tempo, ademais da supresión de 3 prazas de mestre no último ano. Tamén visitaron o paso de peóns onde o pasado martes foi atropelado un rapaz pola escasa visibilidade.

GES

Rodríguez reivindicou que o goberno galego asigne un Grupo de Emerxencias Supramunicipais –GES- para o Concello de Vimianzo, logo de lembrar que a Xunta ten anunciado 8 novos GES. Explicou que o Concello “necesita” deste dispositivo integrado por 12 persoas, e lembrou que actualmente o máis cercano, o de Ponteceso, non afecta a Ponteceso, que está atendido polo parque de bombeiros de Cee.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20

O PSdeG considera intolerable que Rueda falte á súa palabra e rache o compromiso de non reincorporar ao PP ao Concelleiro da Illa condenado por violencia de xénero

A secretaria socialista de Igualdade, Silvia Fraga, critica que o presidente da Xunta “non está a carón das vítimas e…

06/05/2024 15:15