Categorías: Actualidade

Veto do PP a un novo pacto pola lingua

A portavoz de Cultura e Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao PP de “utilizar á lingua con fins partidistas”. Así o dixo logo de que votaran contra unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para recuperar o consenso en torno ao galego, unha lingua á que “seguen desprestixiando para gañar un puñado de votos”.

A responsable socialista acusou a Feijóo de rachar co consenso en torno á lingua para satisfacción de organizacións contrarias á lingua galega, e sinalou que “un idioma que non se fala non existe”. Sinalou que a xestión do goberno galego vai na dirección contraria á recuperación da lingua ao rebaixar un 73 por cento os orzamentos de Política Lingüística, pasando dos 22 millóns que lle destinaba Fraga a apenas 8.

Lamentou a oposición do PP a recuperar o consenso que posibilitou no seu día a Lei de Normalización Lingüística e o Plan de Normalización, en contra da carta de linguas minoritarias do Consello de Europa e dos informes do Consello Consultivo, do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega e de tódolos actores culturais do país.

Burgo explicou que, de acordo coa Carta das Linguas Rexionais e Minoritarias encargada polo Consello de Europa alerta da xestión do galego “como unha lingua estranxeira” por parte do goberno galego. A Real Academia Galega alerta do retroceso nos avances conseguidos no eido escolar, e o Consello da Cultura Galega apunta á importancia da galeguización nas primeiras etapas educativas.

A pesares disto, a realidade é que, grazas á xestión do goberno galego, hoxe o 75 por cento dos centros infantís nas áreas urbanas e periurbanas, os que aglutinan á maior poboación de Galicia, non utilizan esta lingua.

Sinalou que tódalas institucións vencelladas coa lingua coinciden en alertar da caída de falantes, a pesares da porcentaxe de poboación que afirma ter capacidades lingüísticas. Puntualizou que “tódolos estudos coinciden en que os problemas da nosa lingua teñen moito que ver co Decreto 79/2010, que rachou co consenso que existía sobre a lingua antes da chegada de Feijóo”.

Consenso

A representante socialista presentou “de boa fe” a proposta de recuperar o consenso partindo da derrogación do Decreto do Plurilingüismo para substituílo por un novo texto consensuado coas forzas políticas, a comunidade educativa, organismos vencellados á lingua e as principais asociacións de defensa do galego.

Tamén reclamoulle ao goberno galego que nun prazo de 6 meses presente un informe sobre o grao de cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, que permita “adoptar as medidas necesarias fronte á involución e deterioro” da lingua.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08