Categorías: Actualidade

Veto do PP á nosa proposta para que a Xunta repare 5 quilómetros da estrada entre A Pontenova e A Fonsagrada

A parlamentaria socialista Patricia Otero lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que reparara os 5 quilómetros da estrada LU 741 entre A Fonsagrada e A Pontenova que transcorren por este último Concello. A responsable socialista acusou ao goberno galego de “castigar constantemente” aos 6.400 veciños e veciñas dos dous concellos sen infraestruturas acaídas, que se unen ao déficit de atención sanitaria.

A responsable socialista advertiu que “son só 5 quilómetros de firme” que se atopa nun “estado lamentable” para a seguridade viaria e que prexudican á actividade empresarial do lugar, e que “non suporía unha suma económica moi importante”. Apelou á “falla de vontade política” do PP e do goberno galego para apoiar ao Concello, e subliñou que “non queremos pensar que sexa porque na Pontenova leva moito tempo sen gobernar o PP”.

Otero preguntou “como imos crer que van arranxar o tramo da estrada cando votan en contra da nosa iniciativa e ademais teñen outros compromisos publicados no DOG dende hai 9 anos e que non saíron adiante, permitirannos que poñamos en dúbida a súa publicidade”, remachou. Aludiu así ao arranxo da estrada Momán – Cabreiros, tamén de titularidade autonómica e cun proxecto de reparación publicado no DOG dende 2011 que aínda non se executou.

Lembrou que a Deputación de Lugo “si que cumpriu cos seus compromisos e as súas obrigas rematando o acondicionamento da estrada provincial LUP – 1904 entre A Pontenova e A Fonsagrada, que enlaza coa estrada de titularidade autonómica, coa mellora do asfaltado, ampliación e limpeza das cunetas e a renovación da sinalización.

Sanidade

A parlamentaria luguesa acusou ao goberno galego de “perpetrar unha clara ofensa a este núcleo rural” desatendendo as infraestruturas a unha poboación xa castigada pola falla de recursos sanitarios do goberno galego.

Lembrou que o goberno galego deixa sen cubrir as baixas e vacacións do persoal médico no Centro de Saúde de A Pontenova, que estivo semanas no verán cun só facultativo para 2.300 habitantes dunha poboación envellecida e que estivo ademais confinada pola covid.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18