Categorías: Actualidade

Veto do PP a aumentar 5.000 prazas na sanidade pública en 3 anos

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe o veto do PP a fixar por Lei a mellora das condicións laborais dos profesionais sanitarios, incluíndo un Plan de Contratación e Estabilidade para crear en 3 anos 5.000 prazas novas para sanidade. Propuxo fixar un tope máximo diario de consultas, un catálogo de probas diagnósticas ou normativizar as xerencias para Atención Primaria.

Torrado presentou unha proposición de Lei para a mellora da asistencia primaria no sistema público de saúde, que implicaría a reforma da Lei de Garantías sanitarias e a Lei de Saúde de Galicia para “levar á norma todas as promesas” que fixo o goberno galego durante as protestas do sector da sanidade pública. Comezou por reclamar a mellora das condicións laborais dos profesionais, con novas contratacións cando “temos orzamento e temos os profesionais”.

O responsable socialista reclamoulle á Xunta que “empecen a falar algo máis e actuar con menos soberbia e máis eficiencia”, atendendo ás demandas dos profesionais sanitarios que “agardan algunha oportunidade” ou teñen que marchar pola precariedade da Xunta. Esixiu unha inxección para os recursos humanos e que “eviten facernos pasar o feo de recibir sentenzas por incumprir contratos, saturar ao persoal ou facer contratos temporais para cubrir prazas estruturais”.

Lembrou que en apenas dez anos o goberno galego reduciulle 189 millóns de euros ao orzamento da sanidade, e reduciu a plantilla da sanidade en 1.249 profesionais, ao tempo que renunciaban a solicitar 150 prazas MIR, negáronse a incentivar as prazas de difícil cobertura e a incrementar o persoal. Hoxe os PACs están desatendidos, dixo, porque “non hai profesoinais”, que emigran antes de soportar unhas ratios de eventualidade que superan o 20 por cento.

Por iso reclamoulle á Xunta que garanta un contrato de continuidade de 2 anos ampliable a 3 para os profesionais incorporados de novo, e que se estenda a tódalas especialidades hospitalarias ademais da Atención Primaria. Tamén propuxo mellorar os cadros de persoal dos PACs con equipos completos.

Límite máximo de consultas

A proposta socialista incluía fixar por Lei un tope máximo de consultas na Atención Primaria para “normativizar as ratios ou límite de profesionais” para “evitar que un facultativo teña que atender a 60 ou 70 pacientes nunha mesma mañá” e garantir así a calidade na atención sanitaria. Tamén reclamou un catálogo de probas diagnósticas que poidan solicitar os médicos de Atención Primaria para “garantir que funcione, goberne quen goberne”.

Julio Torrado propuxo ademais darlle rango legal á figura das xerencias de Atención Primaria, que foran suprimidas por Feijóo para despois pasar a anunciar a súa recuperación, malia que “sabemos que vamos ter unha nova figura directiva, pero non sabemos se vai ser un director, un xerente, ou coordinador”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08