Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso defende a “política construtiva” e propón un tripla acordo en industria, I+D e ciencia e servizos públicos

O líder dos socialistas galegos admite estar “defraudado” coa postura “do Non” de Feijóo, que “pon paus nas rodas” a costa de prexudicar a Galicia

Propón “sentarnos para acordar un desenvolvemento eólico responsable co medio ambiente e cos propietarios galegos e con grupos “que coticen no país”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe a “política construtiva” dos socialistas galegos fronte ao “Feijóo do Non”, e propuxo un tripla acordo en industria, I+D e Ciencia e servizos públicos. Así o dixo nun almorzo informativo hoxe en Ferrol, onde participou nas “Conversas no Parador” organizadas polo Club de Prensa.

O líder dos socialistas galegos confesouse “moi defraudado coa postura de Feijóo”, que se demostrou como “o do non”, que rexeita o reparto de fondos da UE, a reforma laboral ou o acordo das pensións aínda costa de prexudicar a Galicia. Criticou graficamente que o presidente da Xunta prefira “poñer cantos máis paus nas rodas, e canto antes caia a bicicleta, mellor, que xa a collerei aínda que estea danada”.

Valentín González Formoso alertou sen embargo de “que se caia a bicicleta significa máis rapaces que migran ao estranxeiro e máis sufrimento das familias e das persoas que viven en Galicia”.

Contrastou a “política construtiva” dos socialistas galegos coa postura negacionista do presidente da Xunta, ofrecendo un tripla pacto en asuntos “de país”. O responsable socialista apuntou así a un acordo en servizos públicos, sinaladamente na sanidade, a partir da proposición de Lei do Grupo Socialista para limitar por lei as esperas en Atención Primaria ata un máximo de 48 horas.

Tamén propuxo un acordo en materia de I+D e Ciencia, como eixo para “aproveitar o potencial de desenvolvemento de Galicia” e a transferencia de coñecemento dende as tres universidades galegas.

Eólico

Finalmente, propuxo un acordo urxente en materia de industria, e sinaladamente cun “desenvolvemento eólico responsable: eólicas si pero non á especulación, non de calquera maneira”. Amosouse “disposto a mollarme por grupos que coticen no país”, mentres hoxe “máis da metade” dos 16.000 MW corresponden a “grupos madrileños que cotizan en Madrid”.

Reivindicou a eólica como pulo de desenvolvemento industrial de Galicia, e frear a “quen veña coa idea de que isto é un territorio berebere onde se poden instalar campos petrolíferos sen mirar pola poboación”.

Afeoulle á Xunta que “prefira quedar ben nun pleno e informar negativamente de tódolos parques eólicos antes de sentarse nunha mesa e escoller os que aporten valor de país, sexan respectuosos cos propietarios forestais e entendan que unha granxa ten valor estratéxico e non se pode arruinar cunha liña de alta tensión”.

Engadiu que “temos que ser capaces de compartir o prezo político da decisión” que beneficia ao emprego industrial e situar a Galicia na liña de recuperar a fabricación de compoñentes sostible. González Formoso lanzou unha “aposta pola eólica e o hidróxeno” como solución á crise enerxética porque, dixo, “en Galicia temos auga e vento, temos a solución e chámase hidróxeno”.

Sinalou que o goberno galego furta o desenvolvemento industrial de Galicia por “non meterse no problema”, e puxo como exemplo a xestión do alcalde de Ferrol, o socialista Ángel Mato, co que “aquí fálase de hidróxeno, de off – shore e dunha alternativa enerxética responsable”.

Ferrol

Engadiu que a estabilidade política é “o gran investimento para a cidade de Ferrol”, que “necesita 10 anos de estabilidade para instaurar un proxecto de cidade” e recuperar o “orgullo” que lle da o modelo urbano de Ángel Mato, que “non pode depender dunha única lexislatura”.

Na súa visita a Ferrol, González Formoso defendeu un proxecto “baseado na cercanía á xente e con espírito construtivo para que Galicia avance” e recupere a autoestima e a “ambición de país”, para que “comecemos a percibir que non somos peores que Portugal xestionando os nosos recursos”. Cualificou de “letal” que estea “calando a idea de que Portugal fai mellor as cousas e trata mellor os proxectos da súa xente”.

González Formoso continuou neste concello a súa rolda de contactos cos sectores produtivos do país, “indo aos problemas, sen fuxir”, coas xuntanzas cos comités de empresa de Alcoa e Aluibérica deste mes, no que tamén mantivo encontros cos sectores cárnico, da empresa familiar, do ámbito científico –Zendal-, ou cos armadores de Burela, Celeiro, Ribadeo ou Vigo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32