Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso defende a Lugo como motor do cambio de paradigma socioeconómico sostible e exemplo da aposta do PSdeG polo sector forestal

O secretario xeral do PSdeG apunta a Lugo como exemplo de cidade que aposta pola sustentabilidade ambiental e a innovación

Visita o Edificio Impulsa Verde construído polo Concello e a Deputación de Lugo cun cen por cen de madeira galega

Sinala que “falamos de emprego, de medio ambiente e de poñer en valor as potencialidades do sector primario e forestal de Galicia”

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, puxo hoxe a Lugo como exemplo da “aposta polo PSdeG polo sector forestal” como eixo dun novo paradigma socioeconómico centrado na innovación e a sustentabilidade ambiental. Así o dixo na visita ao Edificio Impulsa Verde, construído na capital luguesa só con madeira galega, xunto coa alcaldesa, Lara Méndez, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

O secretario xeral do PSdeG puxo esta iniciativa como exemplo de que “merece a pena investigar”, no que “as materias primas aportan unha cadea de valor que significa que todo o monte galego seguirá a empregar a milleiros de familias”. “Falamos de emprego, falamos de medio ambiente e de poñer en valor as potencialidades do sector primario e forestal de Galicia”, remachou.

Reivindicou que “non deixemos ir sen máis a ningún talento, e que ningunha idea emprendedora deixe de ter apoio e tutorización por parte das administracións”, como é o caso da Deputación e o Concello de Lugo, porque, subliñou, “é a mellor aposta que podemos facer como sociedade”.

González Formoso lamentou os escollos por parte do goberno galego e da súa “parálise no ámbito da innovación, da ciencia e do sector forestal”, que obrigan ao sector privado e, neste caso, o ámbito municipal os que leven adiante as iniciativas. Salientou que o Concello “foi capaz de romper coas barreiras burocráticas que ás veces fan imposibles de executar as grandes ideas políticas”.

Quixo recoñecer que Deputación e Concello “no peor da pandemia foron quen de non baixar o pé do acelerador neste cambio de paradigma socioeconómico” e garantir 12 millóns de euros para Lugo.

Demostraron así a potencialidade do monte da provincia, que aporta un terzo da madeira exportada por Galicia -a maior produtora de España-, que da recursos a máis de 100.000 propietarios e emprega a máis da metade dos traballadores dos concellos do interior de Lugo.

González Formoso escolleu Lugo como destino da súa primeira visita institucional como secretario xeral do PSdeG, na que salientou o “cambio de modelo urbanístico” da cidade nos últimos 20 anos. Esta afronta a súa “segunda revolución” co cambio de modelo socioeconómico, logo da etapa anterior á alcaldía de Lara Méndez, que permitiu “desfrutar dunha das cidades máis bonitas e mellor conservadas de Galicia”.

Lara Méndez

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou o Edificio Impulsa Verde, como “xérmolo do primeiro barrio multiecolóxico de España” e un “fito na cidade e para a economía local, provincial e autonómica”. Salientou as “oportunidades na loita contra o cambio climático”, ao concibir  ás cidades co denominador común da sustentabilidade e “buscando sinerxias no cambio do modelo produtivo e económico”.

O proxecto fai bandeira do aproveitamento dos recursos naturais e recupera a madeira para o uso estrutural das vivendas do futuro, o que ademais permite a absorción de 280 toneladas de CO2. O edificio, a piques de rematar, ten sido construído cun cen por cen de madeira lucense, con materiais sostibles e galegos, permitindo un 90 por cento menos de contaminación e un 74 por cento de aforro enerxético.

Lamentou a nula implicación do goberno autonómico neste cambio de modelo produtivo, e lamento que “en 6 anos non o vira, a pesares de que lle trasladamos a importancia deste proxecto dende a Deputación e o Concello”. Un proxecto, sinalou, que permitiu desenvolver iniciativas empresariais paralelas, como a creación de contralaminado CLT en Galicia, que “antes non se podía e agora é unha realidade”.

José Tomé

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, salientou a volta á madeira cunha perspectiva “máis moderna”, que permite aproveitar un recurso “sostible e non contaminante” abundante en Lugo. Isto permite que “a xente poida vivir diso no rural”, mentres “teñamos unha provincia ben estruturada e capaz de desenvolver a economía do conxunto da provincia e un exemplo para o Estado”.

Sinalou que “se queremos que haxa xente no rural, esta ten que poder vivir de algo”, e puntualizou que “non se trata de cortar e mandar a madeira fora de Galicia, hai que transformala aquí e aproveitar o valor engadido”, o que “forma parte do novo modelo de cidade polo que aposta a alcaldesa” de Lugo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27