Categorías: Actualidade

Unha oposición “construtiva e coa máxima contundencia” contra as falacias de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que os socialistas galegos presentarán este curso político unha oposición “construtiva pero da máxima contundencia” co obxectivo de desmontar “as falacias e as mentiras de Feijóo”. O líder dos socialistas galegos interveu a primeira reunión do Grupo Socialista deste curso político.

Caballero criticou que o PP se manteña “anclado no pasado e sen capacidade de iniciativa” mentres o presidente da Xunta “ponse a medalla da estabilidade, pero en realidade é a estabilidade da nada, do baleiro, da falla de proxecto político e de xestión”. Atacou así á “construción ficticia e falaz” que supón o “discurso do agravio” que presenta Feijóo “logo de 7 anos de goberno de Rajoy nos que calou e fíxose responsable”.

Cuestionou o “cinismo” do presidente galego, que despois de avalar os orzamentos de Rajoy nos que “deixou de gastar máis de 2.000 millóns de euros en Galicia coa complicidade de Feijóo e do goberno galego”, que agora amósase reivindicativo contra un Pedro Sánchez obrigado a xestionar as contas herdadas da dereita.

Mentres o presidente galego preocúpase unicamente, dixo, por “salvarlle a vida a Casado” os socialistas galegos presentarán unha alternativa “de man tendida dende a esquerda para toda a sociedade galega”.

En realidade Feijóo agocha, apunta o líder socialista, que “carece de proxecto de país nin de capacidade de xestionar a realidade” de Galicia e que está “buscando un flotador que lle permita salvar a súa situación política”, cun proxecto que “chega ao seu fin” e que “xa non ten as circunstancias sociais e electorais para revalidar a maioría”.

O mesmo Feijóo, dixo, que critica a “parálise” dos gobernos das grandes cidades cando a única cidade que preside o PP, a de Ourense, leva 4 anos sen poder aprobar un só proxecto de orzamentos, un balance que sitúa á dereita fronte ao risco certo de non gobernar en ningunha das 7 grandes cidades nas próximas eleccións municipais.

Defender os intereses de Galicia

O responsable socialista ratificou hoxe o compromiso de defender os intereses de Galicia e promover a axenda de cambios, sinaladamente en política social, que está a encetar o goberno presidido por Pedro Sánchez, e construír unha maioría de cambio e alternancia co horizonte das próximas eleccións autonómicas.

Gonzalo Caballero salientou as iniciativas desenvoltas polo goberno socialista nos seus 100 primeiros días, que supuxo a posta en marcha dunha “axenda de progreso e avances” como a restauración da sanidade universal, a suba das pensións de viuvez nun 7 por cento ou a recuperación das bolsas de estudos.

Contrastou esta axenda de resultados en apenas 100 días e cunha situación parlamentaria “complexa” coa “parálise”, “falla de proxecto” e xestión fracasada e afastada das preocupacións da cidadanía que demostrou por un Feijóo que leva tres mandatos consecutivos con maioría parlamentaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04