Categorías: Actualidade

Unha Lei aprobada por Feijóo impide destinar o superávit á Sanidade

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lembroulle hoxe ao presidente da Xunta que a Lei 2/2011 de 16 de xuño de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, impulsada por Feijóo e aprobada polo PP no Parlamento de Galicia, limita o uso do superávit a reducir déficit e endebedamento.

O responsable socialista criticou que Feijóo teña iniciado unha campaña para reivindicar o uso do superávit de Galicia para a sanidade en contra precisamente da Lei coa que o presidente da Xunta se adiantaba á “doutrina Montoro”. Sinalou que “chama a atención que o presidente, ao que escoitamos escandalizarse de que non se defenda o cumprimento da Lei, diga que non vai cumprir esta norma”.

Fernández Leiceaga apuntou que “do Feijóo discípulo de Montoro pasamos ao Feijóo populista que di que as Leis non importan e que temos barra libre para decidir o momento de cumprir a norma, que se pode saltar sen que pase nada”. Acusou ao presidente da Xunta de ter aprobado unha Lei que “sabía que durante anos non ían cumprir” porque non había superávit, e cando chega o momento “sae pola tanxente” apelando á vulneración da Lei “a sabendas”.

Sinalou que tanto Feijóo, coa Lei aprobada en 2011, como o PP no Congreso estanse a erixir como “obstáculos” para permitir investir o superávit na sanidade pública, logo do debate da Deputación Permanente do Congreso desta semana, no que os “populares” foron os únicos que votaron en contra tildando a medida de “electoralista” e adiantando que “se gañan non o van permitir”.

AP-9

O portavoz socialista criticou ademais o “fraude” do presidente da Xunta por critica que a transferencia da AP-9 non se inclúa na Comisión Mixta de Transferencias “cando non a pediu” e mesmo votou contra unha iniciativa nese mesmo sentido presentada polos socialistas no Pleno do Parlamento. Censurou un comportamento “especialmente grave” que só se explica como unha “escandalera electoral”.

“Feijóo protesta porque a Galicia non se lle concedeu unha transferencia que non pediu”, como si fixo o goberno vasco, resumiu o portavoz socialista. Advertiu tamén que a outra vía para conseguir a transferencia, a través do debate da Lei enviada polo Parlamento de Galicia, furtouse nun primeiro momento polo bloqueo de Rajoy, toro pola chegada de Pedro Sánchez, que abriu o trámite parlamentario.

De novo aquel trámite non puido culminarse polo voto en contra aos Orzamentos polo PP e Ciudadanos “e os socios dalgún grupo que opera en Galicia”, e que adiantaron a convocatoria electoral. Explicou que a configuración do futuro Congreso dos Deputados permitirá abrir de novo o debate dende o momento en que as iniciativas aprobadas polo Parlamento se manteñen vivas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18