Categorías: Actualidade

Terceira convocatoria para contratar a explotación do Monte do Gozo

O portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, preguntoulle hoxe á Xunta pola situación da explotación do Monte do Gozo, que afronta o terceiro concurso logo de que os dous anteriores quedaran desertos. O responsable socialista reclamoulle ao goberno que explique que garantías ten para que o terceiro concurso non quede tamén deserto.

O responsable socialista lamentou que dende o rescate da concesión, no verán de 2015, o goberno galego teña sido “incapaz de conseguir que alguén se faga cargo da xestión do complexo”. Advertiu que “agardamos que non teñan que ir a un cuarto concurso, e que o Monte do Gozo volva funcionar como merece”.

Pérez Seco lembrou que os dous concursos previos foron declarados desertos porque as esixencias resultaban “excesivas, e ninguén conseguía reunir as condicións dun complexo que comezou a funcionar en 1993 como centro de acollida de peregrinos”. No segundo concurso tamén quedou deserto “porque as empresas seguían sen ver rendibilidade, sobre todo despois da apertura do complexo de piscinas e outros servizos en 2017”.

Na actualidade, sinalou, hai en marcha un terceiro concurso convocado pola Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo, con importantes cambios nos pregos, duplicando a concesión de 10 a 20 anos, a condonación do canon anual de 70.000 euros durante os dous primeiros exercicios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08