Categorías: Actualidade

A situación procesual do presidente do Consultivo provoca un “dano irreparable” á institución

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe tanto a situación procesual do presidente do Consello Consultivo, José Luis Costa Pillado, investigado na Operación Cóndor, e á súa xestión interna. Na comparecencia da Comisión de Orzamentos, advertiu que está a xerar un “dano irreparable” á institución.

Vilán sinalou que o presidente está “investigado como presunto autor polos delitos de negociacións prohibidas a funcionarios, tráfico de influenzas e cohecho”, o que supón que “pon en entredito a imparcialidade e obxectividade coas que debera de actuar”. Sinalou que estes principios “para nós son unha barreira infranqueable, e implican a perda de confianza por parte deste Grupo Parlamentario”.

Ademais, sinalou as “disfuncións no funcionamento” do CCG, que “derivan da súa reforma unilateral –a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos do ano pasado- e que están presentes neste orzamento”. Daquela suprimiuse o corpo de letrados do Consello, sen que ata hoxe existira “ningunha integración no corpo de letrados da Comunidade Autónoma”.

Esta situación, explicou, “deixa claro que a finalidade da reforma non era garantir a dotación de persoal letrado do Consello, senón, pura e simplemente, levar a cabo unha operación de devaluación da función consultiva mediante o seu sometemento ao goberno”.

Neste sentido criticou a “compracencia” do órgano pola decisión da Xunta de que fora o PP quen rexistrara a Lei de implantación industrial, permitindo así “saltarse” os informes pertinentes do CCG.

Patricia Vilán lembrou ademais que o Consello Consultivo foi condenado o pasado 13 de xaneiro a pagar os complementos de produtividade do persoal que o propio presidente decidira eliminar, nunha decisión cualificada de “torpe e inxustificada” pola sentenza xudicial que, precisou, aínda non é firme.

Este complemento segue sen abonado, dixo, malia que os orzamentos continúan incluíndo a partida correspondente, unhas contas, dixo, que inclúen 48.000 euros en atencións protocolarias, publicidade e propaganda e “outros gastos”. Amosou a súa sorpresa por uns orzamentos que inclúen 14.000 euros de gastos protocolarios malia que o seu presidente só recoñeceu hoxe 3.000.

Finalmente, criticou a “falla de transparencia” nas retribucións do presidente do Consello Consultivo de Galicia, que evita incluír no documento público os trienios que percibe de forma “legal e lexítima” por parte do Ministerio de Xustiza, cando ata o propio ministro de Xustiza, que tamén os percibe, os ten feito públicos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08