Categorías: Actualidade

Situación crítica na Atención Primaria na comarca de Pontevedra

A deputada socialista Patricia Vilán presentou no Pleno do Parlamento de hoxe unha pregunta oral ao conselleiro de Sanidade sobre a situación crítica na atención primaria nos concellos da comarca de Pontevedra. A responsable socialista alertou da falla de profesionais médicos e realizou un relatorio das eivas estruturais nos servizos sanitarios de Pontevedra, Forcarei, Soutomaior, Pontecaldelas, Cerdedo – Cotobade e Poio.

Advertiu que a comarca é “unha máis das de Galicia que está na lista, con profesionais da Sanidade traballando a tope para manter o maior nivel de calidade, con persoas maiores con dificultades de mobilidade, pensións pequenas e idades avanzadas e déficit de infraestruturas e persoal en tódolos centros de saúde. Unha comarca, dixo, con tres concellos por debaixo dos 0,96 médicos por 1.000 pacientes de media de Galicia.

Lembrou que o presidente da Xunta ten anunciado hai 10 anos un modelo de Hospital para Monte Carrasco “no que se miraría no espello privado do Hospital Álvaro Cunqueiro”, que tivo que ser desbotado logo de cambiar o candidato do PP, un proxecto que fixou paralizado ata que Feijóo anunciara a ampliación do “Gran Montecelo” con “maqueta incluída” unha década despois.

Explicou así o caso de Forcarei, con 2 centros de saúde, Forcarei e Soutelo de Montes, e que este último vén de perder 1 dos 4 médicos de familia e soportan o recorte de horas en Pediatría, mentres a Consellería presume de que a poboación permanece “atendida” malia que teña que desprazarse 10 quilómetros.

En Soutomaior hai 2 centros de saúde –Arcade e Romariz-, que suman 3 médicos de familia e un pediatra que “non está” obrigando ás familias a desprazarse a Vilaboa. En Pontecaldelas hai un centro de saúde con 3 médicos de familia e un só pediatra para 170 persoas, e en Cerdedo – Cotobade, con 3 centros de saúde –Tenorio, Carballedo e Cerdedo-, no primeiro deles só hai un médico e un pediatra que atende 4 días á semana, e en Carballedo nin sequera hai pediatra.

En Poio, continuou, con 2 centros de saúde –Combarro e Anafáns-, non se repuxo a baixa por xubilación dun dos médicos, que é cuberta “por horas”, e en Anafáns o servizo de Pediatría “non está cuberto a meirande parte das veces” nun centro “en pésimas condicións”.

Vilán sinalou ademais á situación da Atención Primaria no Concello de Pontevedra, cun centro de saúde, o da Virxe da Peregrina, no que caeu o teito do terceiro piso e hai un só ascensor para tres plantas. O servizo de Urxencias do Hospital de Montecelo, dixo, apenas conta con 4 boxes, obrigando a manter aos pacientes “tirados polos rueiros” nos momentos de maior demanda.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18