Categorías: Actualidade

Sen executar 330 millóns da Xunta para dinamización económica e fixación de poboación no rural

A responsable de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, alertou hoxe de que a Xunta ten sen executar, a 30 de setembro deste e a punto de pechar o exercicio orzamentario, un total de 330 millóns de euros das partidas para dinamización do rural. Esta partida súmase aos 100 millóns de euros que deixaron sen executar xa no exercicio de 2016.

Rodríguez Rumbo acusou ao goberno galego de “facer unha gran mentira ao, como resultado dunha boa orzamentación que se traduce nunha mala execución”, e que fai desta “a Lexislatura do esmorecemento e o abandono do rural galego”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para incentivar o asentamento de poboación e impulsar a modernización do rural galego, que foi vetada polo PP.

A responsable socialista explicou que o goberno galego ten sen executar un total de 330 millóns de euros correspondentes ás partidas de dinamización económica do rural –só gastaron o 32,3 por cento-, fixación de poboación -na que só executaron o 6,3 por cento-, Modernización e diversificación do tecido produtivo rural -33,9 por cento-, ordenación das producións forestais -36,8- e Fomento do asociacionismo agrario -2.7-.

Criticou que a xestión do goberno galego ten provocado “unha Galicia emigrante, máis envellecida, de emprego precario, peor calidade de vida, servizos públicos máis caros, menos potencial produtivo e despoboada”. Lembrou que nos últimos nove anos Galicia perdeu case 10.000 persoas cada ano, entre as que se contan 1.400 menores de 20 anos, e un total de 54.874 habitantes nos concellos de menos de 10.000 veciños.

Os socialistas reclamaran hoxe pedirlle ao goberno galego un estudo sobre as medidas necesarias para incentivar o asentamento poboacional no rural galego para incluílas nos orzamentos do próximo ano. Esta proposta inclúe as medidas necesarias para “incentivar a modernización, competitividade e especialización dos sectores produtivos, e manter os servizos públicos no rural, colaborando cos concellos máis pequenos cando sexa necesario”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08