Categorías: Actualidade

Rueda debe viaxar a Bruxelas para convencer ao PP Europeo de que retire o veto ao arrastre, ou do contrario “será cómplice”

Lage Tuñas advirte que “non é presentable” que o presidente da Xunta “non fixera nada” diante dunha normativa que atenta contra os intereses do sector pesqueiro galego

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que viaxe a Bruxelas coa finalidade de “convencer ao PP europeo, que ten a maioría na Comisión, para que retiren un regulamento tan prexudicial para a frota galega”. E advertiu Lage que, se non o fai, Rueda “será cómplice” da decisión que prohibe a pesca do arrastre de fondo.

Nunha rolda de prensa ofrecida en Santiago, Lage afeou que “non é presentable” que a Xunta de Galicia “non fixera nada” para defender ao sector pesqueiro galegos diante dunha norma que atenta contra os seus intereses. Rueda dedicouse a actuar, dixo, como “un presidente silente” ou mesmo facendo “de comentarista dos gobernos de España ou dos gobernos municipais”.

Fronte a iso salientou que quen si estivo coas autoridades comunitarias foi o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pese a non ser goberno galego acadou o compromiso co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca de revisar o veto ao arrastre si se aportar informes científicos que así o acrediten.

Tamén puxo en valor o secretario de Organización do PSdeG que o goberno de España, en sintonía con Francia, “fixera os seus deberes” expresando o seu malestar polo regulamento,  ao tempo que anunciaron a inclusión dun punto, para o vindeiro Consello de Ministros de Agricultura e Pesca, co fin de revisar esta normativa.

“E Rueda que fixo?, absolutamente nada”, denunciou Lage, que sinalou que si non é capaz de “convencer aos seus compañeiros do PP europeo, que son maioría na Comisión Europea, estaremos diante dun presidente sen peso político”. E o problema non é o peso político, engadiu, senón “as repercusión negativas” que o regulamento pesqueiro ten para Galicia.

O xefe do apartado do PSdeG insistiu en esixirlle ao presidente da Xunta “que poña por diante os intereses das galegas e dos galegos”, e iso significa “ir a baterse o cobre” a Bruxelas. “Se quer que o acompañemos, o noso secretario xeral está disposto a ir con el”, apuntou Lage, e entrevistarse co calquera comisario.  Pero é “imprescindible” que Rueda faga este traballo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18