Categorías: Actualidade

O “rodillo” do PP provoca a “Lexislatura do abandono e o esmorecemento do rural”

A portavoz de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe que o “rodillo” do PP está a provocar a “Lexislatura do esmorecemento e do abandono do rural”. No debate dunha moción socialista para recuperar o Plan de mellora de camiños municipais, que foi vetada polo PP, criticou o desleixo do goberno para a fixación de poboación no interior.

A responsable socialista sinalou que malia o anuncio de 231 millóns para fixación de poboación nos orzamentos do próximo ano, a realidade é que no ano 2016 deixaron sen executar 100 millóns de euros, e a 30 de xuño de 2017 tan só tiñan executado o 6,68 por cento do mesmo programa.

Criticou que este desinterese “pode ter consecuencias catastróficas”, ao combinar a falla dunha política de xestión do monte coa intensificación do abandono das poboacións do interior nos 9 anos de goberno de Feijóo e as condicións climáticas adversas, dano como resultado situacións de incendios forestais como a que ten vivido Galicia en outubro.

Criticou ademais o desinterese do goberno galego pola petición da Fegamp de axuda para limpar as franxas de protección dos lumes nos núcleos rurais, que foi desbotada polo goberno galego.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego incrementar a contía dedicada ao Plan de mellora de camiños municipais 2017 – 2018 na mesma cantidade de 2016, chegando ata os 20 millóns de euros, e publicar as axudas no mes de decembro anterior, nunha política fundamental para a ordenación do rural e con especial incidencia na prevención de incendios forestais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18