Categorías: Actualidade

Resultado “desastroso” na política de vivenda da Xunta “aos pouquiños”

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, denunciou hoxe que a política de Vivenda da Xunta está a ser baseada no “ir facendo aos pouquiños”. Así o dixo no debate dunha interpelación que presentou hoxe no Pleno do Parlamento na que reclamou a creación dunha comisión específica encargada de facer seguimento dos investimentos efectuados cos fondos dos depósitos das fianzas.

Pierres criticou neste sentido que o programa de vivendas baleiras do goberno galego tense demostrado “totalmente desastroso” con vivendas adxudicadas en toda Galicia “que se contan cos dedos das dúas mans”. Sinalou así que as axudas anunciadas para compra de vivenda por menores de 35 anos en poboacións de menos de 5.000 habitantes publicadas onte mesmo daría para 75 vivendas e para vivendas en cascos históricos apenas para facilitaría a compra de 9 inmobles.

A responsable socialista criticou a falla de transparencia do goberno galego no canto da xestión das fianzas depositadas no IGVS polos propietarios de fincas urbanas, obrigatorio dende 2014, e que ten triplicado a súa contía dende 2015. Trátase de 115 millóns de euros dos que o goberno galego pode empregar o 70 por cento para actuacións de rehabilitación, promoción e construción de vivendas públicas, así como renovación de núcleos antigos.

A Xunta, sinala, non fai públicos en tempo real estes datos, senón “a golpe de titular”, así como tampouco explica a que destina os fondos recadados. Sinala que estas fianzas son empregadas para elaborar as estatísticas publicadas no Observatorio Galego de Vivenda, que apuntan ao aumento do prezo medio de aluguer nun 15 por cento en cinco anos, aumentando os alugueres a partir dos 400 euros e diminuíndo aqueles por debaixo desta cifra.

Comisión de seguimento

Pierres reclamoulle ao goberno galego a creación dunha comisión específica para facer o seguimento dos investimentos que se realicen cos fondos que proveñen dos depósitos das fianzas, que conte con representantes da administración autonómica, entidades locais e entidades relacionadas coa promoción e o uso das vivendas.

Este órgano “aportaría algo de transparencia ao uso destes fondos e revertería nun mellor control e implicación de todos en garantir a difusión e necesidade no cumprimento do depósito legal das fianzas.

Pierres alertou do elevado fraude no mercado do alugueiro, que só no caso das prazas de garaxe sen declarar podería supor unha recadación estimada de entre 6 e 10 millóns de euros só en concepto de depósitos das fianzas. Esta cifra derívase de estimar que un 30 por cento dos 150.000 vehículos sen praza de garaxe dispoñan dunha praza irregular.

A responsable socialista chamou á coordinación da Xunta coa Facenda do Estado e concellos para poñer coto á fraude tamén cos depósitos das fianzas nos pisos de alugueiro, que impide á Xunta dispor de fondos extra para financiamento de obras de rehabilitación e de fomento de políticas de vivenda.

Ademais, reclamou un maior control da posta en circulación e publicidade de inmobles con eivas legais, moitas delas procedentes de embargos e propiedade de bancos que “ocultan de forma descarada as problemáticas para desembarazarse delas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04