Categorías: Actualidade

A restauración da Ponte medieval de Pontesampaio chega ao Parlamento

A parlamentaria socialista Patricia Vilán presentou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que inicie de inmediato a restauración da ponte medieval que une Pontevedra e Soutomaior cruzando o río Verdugo, en Pontesampaio. Vilán alerta da situación “lamentable” desta construción histórica e urxe a tomar medidas para protexela e frear o seu deterioro.

A responsable socialista reivindica un trato “acorde ao seu valor estrutural e relevancia histórica, perpetuando a memoria que a ponte significa”, e mesmo solicítalle ao goberno galego que valore restablecer as dúas construcións de pedra que se atopaban na metade da ponte e que sinalaban a separación entre as dióceses de Tui e Santiago de Compostela.

A ponte, construída cun aparello de sillería granítica, atópase actualmente invadido pola vexetación, con moitas pedras movidas e desencaixadas, e o pavimento da estrada autonómica que transcorre por ela “está levantado e rachado en moitos dos seus tramos” como consecuencia do tráfico que soporta, mentres a iluminación “roza o ridículo”.

A esta situación súmase os desperfectos que sofre cada ano o seu pretil, o último deles no pasado mes de agosto, “cando un condutor descoidado levou por diante varias pedras co seu vehículo, malia que a Axencia Galega de Infraestrutura sorprendentemente considera que o estado de conservación é “aceptable”.

Vilán sinala que a ponte semella remontarse á época romana, con diversas reconstrucións ao longo dos tempos, e resulta coñecida sinaladamente pola batalla do 7 ao 8 de xuño de 1809, cando as forzas da División do Miño dirixidas por Morillo derrubaron dous arcos da ponte para rexeitar o ataque do exército francés comandado polo mariscal Ney, impedindo que recuperaran Pontevedra, Marín e Tui.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04