Categorías: Actualidade

O recálculo de entregas a conta polo Goberno central deixa a Galicia sen 321 millóns

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao goberno central de utilizar a recadación tributaria das comunidades autónomas como “chantaxe” para o debate orzamentario. Advertiu que o recálculo das entregas a conta dos impostos recadados suporá unha diminución de 321 millóns de euros para Galicia.

Leiceaga criticou esta decisión “unilateral que rompe a lealdade institucional” en base a un “argumento falso e falaz”. O ministerio de Facenda, dixo, apunta que reducirá estas aportacións porque non están aprobados os Orzamentos para 2018 cando “non teñen nada que ver” porque se trata duns ingresos que proceden de impostos recadados en Galicia –a metade do IVE e o IRPF e o 58 por cento dos Impostos Especiais-.

O portavoz socialista explicou que o goberno central debe facer unha entrega mensual sobre o previsto das entregas a conta, que son revisadas dous anos despois, e que en xullo pasado supuxo un aumento de ingresos para Galicia. Pero, explicou, “a golpe de xaneiro nos atopamos con 321 millóns de euros menos” que xa estaban incluídos nos orzamentos da Xunta.

Fernández Leiceaga presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique que pensa facer diante desta decisión que suprime de golpe toda a marxe orzamentaria da que dispoñía a Consellería de Facenda. Preguntou “se vai reformar o orzamento de 2018, como xa fixo en xullo para incorporar os novos ingresos, pero desta volta para reducilos”, ou se vai reducir o gasto previsto.

Esixiulle ao goberno galego que adopte unha “actitude decidida para reclamar” estas partidas logo de sinalar que o Goberno non deixa de recadar os 321 millóns de euros, senón que “queda con eles”.

Esta redución súmase á desaparición do imposto de Patrimonio en Galicia, logo de que o goberno central decidira non prorrogalo, en contra do que viña facendo cada ano dende 2013, aducindo de novo que non se teñan aprobado os orzamentos xerais. Ao non existir o decreto de prórroga “a día de hoxe non está vixente” este tributo, polo que Galicia queda sen en torno a 71 ou 72 millóns de euros sen que a Xunta se teña pronunciado.

Financiamento

O portavoz socialista ligou estas dúas decisións ao desleixo amosado por Feijóo e o goberno galego diante da decisión de Rajoy de adiar o debate sobre o novo modelo de financiamento que tiña que ter rematado en 2017. Lembrou que Galicia segue a ser claramente discriminada con relación ás comunidades autónomas máis ricas e aquelas que incumpren coas obrigas de déficit e débeda.

Os socialistas galegos presentaron unha iniciativa parlamentaria para urxirlle á Xunta que defenda un 10 por cento adicional de recursos para Galicia, e que garanta manter “como mínimo” o peso relativo en financiamento por habitante, evitando discriminacións e garantindo o principio de solidariedade por parte do País Vasco e Navarra.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04