Categorías: Actualidade

Marina Ortega pide ao PP a reprobación da conduta de Jácome e ínstalle a que retire o apoio a Democracia Ourensana no concello trala agresión a unha representante sindical

Censura o “intolerable” comportamento do alcalde de Ourense: “hoxe máis que nunca os responsables políticos e institucionais temos que trasladar condutas que fomenten o diálogo e o respecto”

A deputada socialista Marina Ortega pediu hoxe ao PP a reprobación da conduta do alcalde de Ourense no Parlamento trala agresión a unha representante sindical producida durante unha concentración ás portas do concello con motivo da folga indefinida das traballadoras e traballadores de autobuses urbanos da cidade. Fíxoo, tras presentar unha batería de iniciativas no Parlamento galego neste sentido.

“Hoxe máis que nunca, os responsables políticos e institucionais temos que trasladar á cidadanía conductas que fomenten o diálogo e o respecto, condenando con firmeza conductas agresivas e intolerantes que fomenten a bipolarización da sociedade”, reivindicou a socialista, tras condenar “de xeito rotundo” a actuación do alcalde de Ourense, un comportamento “intolerable en calquera esfera”.

Neste sentido, a dirixente socialista instou ao PP a retirarlle o apoio a Democracia Ourensana no Concello de Ourense “como sinal de protesta e reprobación dunha conduta que non podemos permitir nunha sociedade democrática e que chega despois de que o alcalde protagonizase momentos de tensión continuos nas sesións plenarias do concello”.

Con todo, a dirixente socialista lembrou que o PSdeG gañou as últimas eleccións municipais celebradas no ano 2019, sendo o partido máis votado na cidade de Ourense. Malia isto, censurou, “o PP asinou un pacto letal, tal e como dixo o propio Feijóo, e pechou un acordo de goberno con Democracia Ourensana que permitiu poñer a Jácome de alcalde”.

“Hai liñas vermellas e isto é intolerable”, sentenciou a socialista, quen lamentou que Feijóo “ademais de bendicir o primeiro goberno de VOX en Castela e León, en Ourense apoiou á terceira forza política para non perder o poder”. “Este é agora o resultado”, concluíu Ortega.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41