Categorías: Actualidade

Programa específico de prevención da violencia machista entre as persoas maiores

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamou hoxe un programa específico de prevención da violencia machista entre as persoas maiores. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei, no Pleno do Parlamento que será votada mañá mércores, para contribuír á “ruptura do seu silencio” e darlles “un apoio eficaz que lles permita vivir sen medo e desfrutar da súa vida”.

A responsable socialista urxiu a “atallar ou mitigar unha situación silenciada por quen a sofre e tamén pola sociedade”, como é a das mulleres que “levan décadas soportando golpes, insultos e todo tipo de humillacións”. Blanco reclamoulles a PP e ao goberno galego un “esforzo de empatía” con quen “leva toda unha vida sentindo medo e padecendo unha violencia machista silenciosa e relegada á intimidade, que impón unha dobre invisibilidade: a do xénero e a da idade”.

Noela Blanco criticou que “cando facemos aportacións e propostas nos chaman mediocres, manipuladores e rancios” –citando á intervención da portavoz do PP-. Rexeitou a emenda presentada polo PP a esta proposta, que tildou de “moi básica” e que, explicou, “non fala das mulleres maiores, invisibilizándoas unha vez máis”.

Diante do anuncio do voto en contra do PP, advertiu que esta mesma proposta foi apoiada por eles mesmos nas asembleas de Madrid e Murcia “porque non teñen maioría absoluta, non poden impoñer o rodillo e non se poden permitir a soberbia que tiveron hoxe ao tratar un asunto tan serio”.

A responsable socialista apostou por enfrontar as “maiores dificultades” que atopan estas persoas para finalizar coas relacións de violencia, debido á “falla de detección, a dependencia económica, un maior illamento e soidade, a persistencia dos roles tradicionais de xénero ou o dano producido polos malos tratos continuados”.

Apuntou á grave situación deste colectivo cando as persoas maiores de 65 anos representan apenas o 1,4 por cento das denuncias pero padecen o 14 por cento dos asasinatos, o que “por si só explica un sufrimento silencioso e soterrado que urxe erradicar da nosa sociedade”. Lembrou que, de acordo co Informe Anual de Violencia de Xénero 2017, o ano pasado accederon ao programa de axudas periódicas 417 mulleres, o 4,32 por cento maiores de 65 -18-.

Mecanismos de detección

Noela Blanco instou a “loitar contra tanto sufrimento mellorando os mecanismos de detección, introducindo as novas liñas de actuación de maneira transversal nos servizos de atención a maiores, e enfrontando o descoñecemento e desprotección a través de protocolos adaptados ás necesidades destas mulleres.

Reivindicou maior investimento para fortalecer a rede de acompañamento e impulsar un programa de formación para a detección temperá de violencia para as auxiliares de axuda a domicilio e os profesionais de teleasistencia, que son quen ten contacto directo coas posibles vítimas.

Blanco apuntou que “hai recursos económicos” logo de que o goberno de España activara 200 millóns de euros do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para 2018, e as comunidades autónomas recibiran 100 millóns de euros para asistencia integral ás vítimas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08