Categorías: Actualidade

O PP rexeita a proposta socialista de facer un estudo previo á implantación das Cotas Individuais Transferibles

O PP rexeitou a proposta non de lei da portavoz de pesca, Loli Toja, para que a Xunta encargue un estudo previo que analice o sistema de Cotas Individuais Transferibles (ITQs nas súas siglas en inglés) antes de implantarse. O estudo tería como obxectivo cotexar as consecuencias que terá o novo sistema para o sector pesqueiro galego.

A socialista solicitou que se comprobe “a priori” e non “a posteriori” o sistema ITQs. “Pódese gañar máis vendendo cotas de pesca que coas capturas, é dicir, coa especulación da privatización do mar”, criticou Toja que alarmou dos perigos do novo sistema de cotas que “privatiza” os recursos mariños e que “favorece” aos máis poderosos. Así mesmo, implicará dificultades ao acceso real ás posibilidades para a frota galega, beneficiando a aqueles que poden beneficiar e explotar incluso de xeito oculto.

Os datos públicos do Goberno mostran que o actual sistema pesqueiro tampouco está a ser favorable para o sector. “Simplemente consultando a EPA nun só ano hai 4400 traballadores menos no sector, o que supón un de cada cinco menos. E que ha un 31 por cento menos de mulleres no sector pesqueiro”, achegou Toja.

Das 4000 embarcacións galegas o 85 por cento está dedicada á pesca artesanal e  multiespecífica ademais de non contar coa garantía da substitución xeracional. “Queremos que se teña en conta a estabilidade ecolóxica pero tamén a supervivencia do sector”, sentenciou a deputada socialista pero tamén la supervivencia del sector”, sentenciou a deputada socialista.

Engadiu que a negativa do PP “só se xustifica si o obxectivo é a redución do esforzo pesqueiro e serviría para despezar á nosa flota”. Reclamou o estudo a priori “para analizar as consecuencias da decisión, porque que a Xunta queira facer o estudo a posteriori indica que defende intereses inconfesables e non os dos galegos e das galegas”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08