Categorías: Actualidade

O PP rexeita no Parlamento permitirlle aos concellos dispor do seu propio superávit

A responsable de Facenda Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou o veto do PP a unha proposta do PSdeG para permitirlle aos concellos que poidan dispor do seu superávit. A responsable socialista levou a Comisión a mesma proposta que lle ten presentado o presidente da FEMP ao ministro de Economía e que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista criticou a oposición do presidente da Xunta e do PP á iniciativa da Femp para dispor de maior autonomía porque, dixo, “non entende que os concellos gozan de autonomía recollida nas leis e non precisan da tutela da Xunta de Galicia”. Lembra polo contrario que os concellos galegos teñen acumulado dende 2012 un superávit de 480 millóns de euros que non poden investir na mellora dos servizos.

Esta situación deriva da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, que lles impide por Lei utilizar o seu superávit, a pesares de que teñen chegado con catro anos de adianto ao obxectivo de débeda fixado por Bruxelas. Dende 2016 teñen xa o 3 por cento de déficit que estaba previsto para 2020.

Rodríguez Rumbo criticou que o municipalismo “non é importante” para os gobernos do PP, máis preocupados “na tutela dos entes locais”, de impedirlles exercer a súa autonomía e aplicar as políticas para as que foron elixidos. Puntualizou que “a mobilización e o medo á perda de votos é a única forma que fai que o PP se mova e atenda ás lexítimas e lóxicas reivindicacións dos colectivos e agora tamén das institucións locais”.

Plan de contabilidade

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou ademais unha proposición no de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta un novo plan de contabilidade pública e que implante a rendición telemática da Conta Xeral. A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, presentou esta proposta cunha petición reiterada polo Consello de Contas.

Rodríguez Rumbo lamentou o retraso do goberno galego á hora de atender a esta demanda que o ente fiscalizador vén incluíndo reiteradamente nos seus informes. Ademais, explicou, forma parte do principio de transparencia que debera rexer no goberno galego e que foi convertido nun “dereito de papel” por Feijóo.

De acordo coa Lei de Transparencia, sinalou, “todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos na normativa básica en materia de transparencia”. Así o entende tamén o Consello de contas, que reclama unha reforma e actualización do marco normativo en materia económica, orzamentaria e contable e a implantación da rendición telemática da Conta Xeral da Comunidade Autónoma.

O Grupo Socialista presentou así esta mesma demanda, que foi transaccionada cunha emenda presentada polo PP e finalmente foi aprobada por unanimidade na Comisión de Economía, incluíndo ademais unha revisión do contido da memoria da Conta Xeral para incorporar información sobre os aspectos previstos na normativa.

Texto da iniciativa aprobada hoxe

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que:

1 Aborde a reforma e actualización do marco normativo en materia económica, orzamentaria e contable, que inclúa a aprobación dun novo plan de contabilidade pública da Comunidade Autónoma que cumpra co proceso de harmonización contable das normas internacionais aplicables á contabilidade do sector público.

2 Avance na implantación da rendición telemática da Conta Xeral da Comunidade Autónoma.

3 Realice, en aras ao cumprimento do principio de transparencia da actividade pública, unha revisión do contido da memoria da Conta Xeral, incorporando información sobre todos aqueles aspectos previos na normativa de aprobación e, en especial, dos seguintes aspectos: a) da situación financeira global do sector público autonómico; b) da execución de beneficios fiscais; c) do volume de endebedamento e grao de cumprimento de obxectivos; d) do estado agregado dos compromisos de gastos futuros do sector público autonómico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08